Senior: CB Arteixo Duacode Sénior Masculino 2ª - Peleteiro Frutas Barreiro · 23/03/2019 18:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Senior: Carnicería Muiño costa da Morte - CB Arteixo Duacode Sénior Masculino 3ª · 24/03/2019 17:00 Pavillón Municipal - Cee || Junior: BV Asesores Los Rosales - CB Arteixo Duacode Júnior Masculino 2ª · 23/03/2019 20:00 Pavillón Los Rosales - A Coruña || Cadete: BV Asesores Los Rosales - CB Arteixo Duacode Cadete Feminino 2ª · 23/03/2019 16:00 Pavillón Los Rosales - A Coruña || Cadete: CB Arteixo Duacode Cadete Masculino 2ª - Top Quality Cars Cambre B · 24/03/2019 12:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Infantil: Santo Domingo Betanzos - CB Arteixo Duacode Infantil Feminino 2ª · 24/03/2019 10:00 Pavillón Municipal - Betanzos || Infantil: CB Arteixo Duacode Infantil Masculino 2ª - BBCA Tras do Castelo · 23/03/2019 16:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Alevín: Basquet Coruña U12/11 - CB Arteixo Duacode Alevín Masculino · 23/03/2019 09:30 Pazo dos Deportes - Arteixo || Benxamín: KFC Kulle Mixto - CB Arteixo Duacode Benxamín Mixto · 23/03/2019 11:00 Pazo dos Deportes - Arteixo

DERROTA NO PRIMEIRO CUARTO

Infantil Masculino 2ª
17 Decembro 2018
DERROTA NO PRIMEIRO CUARTO

 

CB ARTEIXO DUACODE 28 - 46 CALASANCIAS A

Domingo 16 de decembro de 2018, 17.00h, Pazo dos Deportes - Arteixo


CB Arteixo Duacode: Mario De Oliveira, Miguel Lorenzo, Mateo García, Hugo Lombao, Anxo Novás - 5 inicial - Diego Bonifacio, Lucas Vidal, Raúl Vázquez, Aharón Pin, Brais Martínez, David Eirís (adestrador)

Calasancias A: H.Veiga, D.Otero, P.Vázquez, J.De la Fuente, H.García, S.Santos, A.Pardo, A.Varela, P.Moreda


Parciais: 4-18, 15-32 (descanso), 19-36, 28-46 (final)

Asistencia: Aproximadamente uns 30 espectadores


Tras un rápido intercambio de canastras, os visitantes comezarían a castigar os erros de concentración dos arteixáns. Ante esta situación e a incapacidade de anotar durante o resto do cuarto os nosos perdían a fe e cunha aínda peor actitude o conxunto rival dispoñía cada vez de máis ocasións (4-18 min 10).

No segundo cuarto mantíñanse os erros de concentración. Ademáis, os arteixáns consideraban que era mellor solucionar a situación pola súa conta e as diferenzas aumentaban ata que no tramo final do periodo os locais comezaban a compartir máis o balón e obtiñan resultados (15-32 descanso).

Na segunda metade o encontro manteríase igualado, grazas principalmente a unha maior implicación defensiva e unha mentalidade un pouco máis colectiva. Sen embargo, a diferenza concedida no primeiro periodo resultaría letal para os intereses dos arteixáns, aínda con aspectos básicos de disciplina que correxir antes de profundar en cuestións técnicas/tácticas (28-46 final).

Resúltame imposible pechar estas liñas sen manifestar o meu pesar e preocupación polo rumbo que está a tomar o meu amado baloncesto, onde na actualidade o contacto está a tomar o protagonismo en detrimento do balón. Un contacto en moitas ocasións antideportivo e unha tendencia que non soamente limita considerablemente a fermosura e posibilidades das individualidades técnicas e combinacións colectivas senon que pon en risco a integridade dos nenos.


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.