BV ASESORES LOS ROSALES 79 - 55 CB ARTEIXO DUACODE
17-10, 21-17, 26-10, 15-18
Empezamos o partido con acerto no triple e con boas sensacións, pero a partires da metade do cuarto os locais impoñen o seu ritmo rápido e agresivo de xogo e vanse poñendo por diante. Ademáis as faltas empezan a poñer problemas para os nosos. O resultado é que os coruñeses acaban o cuarto con 7 puntos de vantaxe.
No segundo cuarto volta a igualdade, pero nos últimos momentos do cuarto un parcial de 8-0 con dúas triplas sen oposición (unha sobre a sirena) danlle unha boa vantaxe aos locais.
No terceiro cuarto aparecen os despistes. A falta de acerto no ataque con moitas perdas e as faltas van minando o xogo dos nosos xogadores que volven recibir outras dúas triplas nos instantes finais do cuarto e levan a diferencia no marcador ata os 27 puntos.
No último período xa co partido decidido, o partido iguálase e, aínda que gañamos o cuarto, non nos da para poñer en apuros aos coruñeses que acaban o partido cunha clara victoria.
Xogaron Iago, Zeus, Gonzalo, Raúl, Simón e Enzo. No xogou Abdel.