BASQUET CORUÑA U18 53-51 CB ARTEIXO DUACODE
14-12, 14-9, 7-19, 18-11
Final da copa Primavera Consolación á que accedemos despois de vencer a Baloncesto Cambre por 42-49 e que disputamos contra Basquet Coruña U18 que se clasifica pola non comparecencia de Baloncesto Narón.
Partido igualado desde o principio pero sempre cos coruñeses por diante no marcador. Seguimos coa mala porcentaxe de tiro exterior e iso vainos lastrando. Os rivais van alternando defensas e, pouco a pouco, o noso ataque vaise facendo previsible e provoca que no segundo cuarto a distancia no marcador para os de Roberto Rivera vaia aumentando ata chegar ao descanso con 7 puntos de vantaxe (28-219.
No terceiro cuarto, os nosos xogadores fan un gran esforzo e, xunto a un cambio na defensa, empezan a ter o control do xogo. Primeiro vaise recortando a distancia para poñernos por diante con ataques rápidos para anotar antes de que a defensa se coloque e, no posicional, buscando varias situacións cerca do aro que se rematan con canastra.
No último cuarto, os coruñeses voltan ao partido. Xa mellor adaptados á defensa e anotan tres triplas neste cuarto e póñense por diante outra vez no marcador. Nos últimos minutos co partido igualado son capaces de controlar o rimo do partido e impiden que poidamos remontar outra vez. Aínda así, temos a última posesión con pouco máis de 1 segundo pero non somos quen de anotar.
Felicitamos ao rival pola victoria e aos nosos xogadores polo esforzo realizado nos dous partidos desta fase final.