TOP QUALITY CARS CAMBRE 115 - 3 CB ARTEIXO DUACODE
39-0, 29-2, 26-0, 21-1
O reultado xa conta o que aconteceu no Pavillón Sofía Toro de Cambre. Xogábamos contra un moi bon equipo, pero o que pasou no partido non é de recibo.
Para que se dé un resultado como este teñen que xuntarse varias cousas, e iso foi o que pasou. Os locais son un moi bon equipo (como xa dixemos antes) pero o noso equipo axudou moito a que se dese este resultado. Nula concentración e pasividade nos dous lados da pista.
O resultado foi un tanteador que nos demostra (unha vez máis) que o deporte implica sacrificio e, se non o hai, ocorren estas cousas.
En fin, a ver se somos quen de ter un cambio de actitude de cara ao que nos queda por xogar e imos vendo que en realidade podemos facer moitas máis cousas das que estamos a facer.
Xogaron Víctor, Manuel, Iago, Gonzalo, Andrés, Gabriel, Pedro e Abel. Non puiedron estar por diferentes motivos Samuel, Miguel e Ángel.