Senior: CB Arteixo Duacode Sénior Masculino 2ª - CB Allariz · 06/04/2019 18:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Senior: CB Laracha M3 - CB Arteixo Duacode Sénior Masculino 3ª · 05/04/2019 21:30 IES Agra de Leborís - A Laracha || Cadete: CB Arteixo Duacode Cadete Feminino 2ª - Santo Domingo Betanzos · 06/04/2019 16:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Cadete: CB Arteixo Duacode Cadete Masculino 2ª - Dominicos · 07/04/2019 12:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Infantil: Centro Veterinario Eume - CB Arteixo Duacode Infantil Feminino 2ª · 07/04/2019 17:00 Pavillón A Casqueira - Pontedeume || Alevín: Franciscanos Coruña - CB Arteixo Duacode Alevín Masculino · 06/04/2019 09:30 Pazo dos Deportes Pista 1 - Arteixo

DERROTA EN UN PARTIDO AXUSTADO

Cadete Masculino 2ª
13 Febreiro 2019
DERROTA EN UN PARTIDO AXUSTADO

CB ARTEIXO DUACODE 43 - 48 MARISTAS CHAMPAGNAT

12-13, 10-9, 15-17, 6-9

Partido moi igualado en todo momento con escasas diferencias no marcador entre os dous equipos.

No primeiro cuarto a presión en toda a pista dos visitantes danos moitos problemas para poñer o balón na pista dianteira e provoca varias perdas de balón e que os colexiais dominen o ritmo do partido. Tamén dominan o rebote que lles da varias opcións en cada ataque. Os nosos xogan acelerados e van a remolque todo o tempo, ainda que a diferencia no e moi grande.

No segundo cuarto segue a igualdade no marcador. Os coruñeses seguen a dominar o rebote, pero o equipo fai un esforzo aumentando a intensidade e o ritmo xa non o marcan os visitantes. Ao descanso empate no marcador (22-22).

A segunda vai polo mesmo camiño. Pero os detalles empezan a marcar a diferencia. Un rebote que se escapa, un pase que se perde, un despiste na defensa, unha entrada fallada, ... van facendo que vaiamos a remolque todo o tempo. Os nosos non se renden e traballan todo tempo para intentar recuperar o resultado, pero no é posible e quedamos a 5 puntos do rival.

En fin, ainda que non se puido gañar o partido, as sensacións foron bastante boas e esperamos que estas boas sensacións se manteñan e sexamos capaces de estar a bo nivel nos seguintes adestramentos e partidos para seguir melorando.

A destacar o debut de Gabriel despois de varias semanas de espera polo tranfer.

Xogaron Víctor, Manuel, Gonzalo, Andrés, Miguel, Gabriel, Pedro e Abel. Non puideron xogar por diferentes motivos Samuel, Iago e Ángel.


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.