Senior: Peleteiro - CB Arteixo Duacode Senior M 2ª Div · 09/11/2019 20:00 Pavillón Montouto - Santiago || Senior: Dimolk Xiria Artai - CB Arteixo Duacode Sénior M 3ª Div · 10/11/2019 10:00 Pavillón Vila de Noia - Carballo || Junior: CB Arteixo Duacode Júnior F 2ª Div - Trebóns BC · 09/11/2019 16:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Cadete: Basquet Coruña U15 - CB Arteixo Duacode Cadete M 2ª Div · 09/11/2019 16:00 polideportiva Riazor 2 - A Coruña || Infantil: Compañía de María Azul - CB Arteixo Duacode Infantil F 2ª Div · 09/11/2019 16:00 Col. Compañía de María - A Coruña || Infantil: CB Arteixo Duacode Infantil M 2 2ª Div - CB Calasanz · 09/11/2019 19:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Alevín: Obradoiro Fem 1º ano - CB Arteixo Duacode Alevín F 2ª Div · 09/11/2019 11:00 Pazo dos Deportes Pista 3 - Arteixo || Benxamín: CB Arteixo Duacode Benxamín F 2ª Div - Montrove · 09/11/2019 12:30 Pazo dos Deportes Pista 2 - Arteixo

DERROTA EN FERROL EN OUTRO BON PARTIDO

Cadete Masculino
17 Abril 2018
DERROTA EN FERROL EN OUTRO BON PARTIDO

FERROL CB 67-63 CB ARTEIXO DUACODE

17-15, 21-14, 11-14, 18-20

Empeza o partido cos nosos frouxos na defensa e cos locais atacando desde o exterior con tiros claros sen oposición e os de Arteixo buscando balóns interiores e sacando faltas. O marcador vai igualado pero cos ferroláns sempre por diante.

No segundo cuarto, os locais anotan con falicidade sen que os nosos xogadores sexan quen de aguantar os seus ataques, á vez que se erran varios ataques debido a que se producen precipitacións á hora de buscar as mellores opcións. O resultado son 9 puntos abaixo ao descanso.

A segunda parte empeza con pouco acerto por parte dos dous equipos e o marcador móvese pouco a pouco. O xogo vai mellorando e ao final do cuarto recórtanse 3 puntos.

O último cuarto empeza con 6 puntos abaixo no marcador e coa necesidade de remontar. Chegamos a empatar o partido, pero nos últimos minutos, varias precipitacións, lévannos a cometer erros e perdas de balón que os locais aproveitan para voltar a poñerse por diante e, acertando desde o tiro libre, manteñen a vantaxe para levarse o partido.


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.