ASESORÍA SUEIRO BASKET XIRIA ARTAI 87 - 33 CB ARTEIXO DUACODE
22-4, 31-6, 18-14, 16-9
O partido estivo marcado pola pésima primeira parte xogada polos nosos xogadores. Falta de concentración, pouca intensidade, despistes contínuos na defensa, ... e, ademáis de todo isto, nada máis empezar o partido perdemos a Andrés por unha torcedura e a Abel por atoparse enfermo o que unido a que Ángel segue a arrastrar problemas na rodilla e á ausencia de Miguel por motivos persoais e á lesión dende hai varios partidos de Iago, déixanos con só 6 xogadores para afrontar un partido que xa de principio se presentaba complicado.
Con estas premisas, os locais xogaron a pracer durante toda a primeira parte, recuperando un sinfín de balóns e anotando completamente sós debaixo do aro e, cando non era así, supérannos continuamente en situacións de 1x1 e con cortes cara a canastra que non somos quén de defender. O resultado ao descanso é significativo do que pasou nesta primeira parte, 53-10.
Na segunda parte os locais baixaron un pouco o ritmo e os nosos xogadores cambiaron a actitude. Xa non hai tantos despistes e cada xogador empeza a buscar máis o balón que xa non queima tanto como na primeira parte. Aínda que perdemos tamén esta segunda parte, o visto xa se parece un pouco ao que esperamos.
Aínda así, o visto na primeira parte debe de facernos reflexionar sobre como encarar os partidos e sobre cal debe ser a actitude que debemos ter.
Xogaron Samuel, Víctor, Manuel, Gonzalo, Andrés, Pedro, Abel e Ángel. Miguel e Iago non puideron estar por diferentes motivos.