Senior: Santo Domingo Betanzos B - CB Arteixo Duacode Sénior Masculino 2ª · 20/01/2019 19:00 Pavillón Municipal - Betanzos || Senior: CB Arteixo Duacode Sénior Masculino 3ª - CB Laracha M3 · 18/01/2019 21:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Senior: CB Arteixo Duacode Sénior Masculino 3ª - Maristas Coruña · 20/01/2019 12:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Junior: CB Arteixo Duacode Júnior Masculino 2ª - Carballo a un Paso Artai EBX · 19/01/2019 18:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Cadete: CB Arteixo Duacode Cadete Feminino 2ª - Top Quality Cars Cambre · 20/01/2019 10:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Cadete: Santa María del Mar - CB Arteixo Duacode Cadete Masculino 2ª · 19/01/2019 10:00 Colexio Santa María del Mar - A Coruña || Infantil: BV Asesores Los Rosales - CB Arteixo Duacode Infantil Feminino 2ª · 19/01/2019 18:00 PavillónLos Rosales - A Coruña || Infantil: Maristas Champagnat - CB Arteixo Duacode Infantil Masculino 2ª · 20/01/2019 16:00 Colexio Maristas - A Coruña || Alevín: Jesuitinas - CB Arteixo Duacode Alevín Feminino · 19/01/2019 19:15 Pavillón Agra II Pista 2 - A Coruña || Alevín: CB Arteixo Duacode Alevín Masculino - Jesuitinas C · 19/01/2019 17:45 Pavillón Agra II Pista 1 - A Coruña

DERROTA DO JÚNIOR EN CARBALLO

Júnior Masculino 2ª
1 Novembro 2018
DERROTA DO JÚNIOR EN CARBALLO

CARBALLO A UN PASO ARTAI 74 - 41 CB ARTEIXO DUACODE

17-20, 13-8, 23-5, 21-8

Empezaba o partido con bo ritmo anotador pola nosa parte e cos locais moi fallóns. Moi agresivos de cara ao aro rival, os puntos van subindo ao marcador e poñémonos por diante chegando a ter 8 puntos de vantaxe. Os de Carballo van pouco a pouco apretando máis e ao final do cuarto a distancia é de 3 puntos.

No segundo cuarto o xogo iguálase e o acerto baixa moito. Os locais igualan o marcador e póñense por diante no marcador sobre final do cuarto.

Na segunda parte cambiou todo. Os carballeses aumentan a intensidade na defensa e nos parámonos por completo. Non hai movemento nin do balón nin dos xogadores sen balón. Prodúcense moitas perdas que provocan canastras doadas en contraataque  e, cando non é así, o dominio do rebote de ataque provoca segundas e terceiras opcións debaixo do aro que van aumentando a distancia no marcador ata chegar a superar os vinte puntos no terceiro cuarto.

No último cuarto, máis do mesmo. Dominio total dos locais que seguen aumentando a distancia ata chegar á diferenncia final.

Ao final do partido, sensacións encontradas. Por unha parte boas polo xogo da primeira parte e, por outra, moi malas pola malísima segunda parte xogada.

Xogaron: Iago, Simón, Samuel, Zeus, Enzo, Raúl e Gonzalo.

 


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.