CB ARTEIXO DUACODE 46 - 59 SANTA MARÍA DEL MAR
(15-10; 9-17; 18-12; 4-20)
Partido con moitos altos e baixos según se refrexa nas anotacións por cuartos.
Empezamos moi ben, con moita presión sobre o balón que dificulta o xogo dos colexiais e danos algunhas canastras doadas. Os nosos xogadores suplen a inferioridade física con moito traballo e intensidade no xogo.
No segundo cuarto baixa un pouco o acerto diante da dificultade de atacar a zoa que plantexan os visitantes (a intensidade segue sendo boa) e aparecen algúns despistes na defensa. Así os colexiais danlle a volta ao marcador e van ao descanso con 3 puntos de vantaxe.
Depois do descanso, os nosos xogadores seguen moi intensos e xa ven mellor por donde deben atacar o aro visitante. Volvemos a gañar o parcial e empezamos o último cuarto con 3 puntos arriba no marcador.
Pero neste último período produciuse un baixón físico producido polo desgaste feito durante todo o partido que afectou á concentración dos xogadores. Permitimos moitas situacións doadas de cara ao aro e o marcador foise disparando ata os 13 puntos finais despois de un parcial de 4-20.
En resumo un bo traballo que non se viu reflexado no marcador, pero que nos marca o camiño que debemos facer durante todo ano.
Xogaron Samuel, Víctor, Manu, Iago, Gonzalo, Miguel, Pedro, Abel e Ángel.