|| Senior: CB Arteixo Duacode Sénior Masculino 3ª - Fucobet · 08/06/2019 18:00 Pazo dos Deportes - Arteixo

DERROTA DEBIDA Á FALTA DE ACERTO DE CARA AO ARO

Cadete Masculino 2ª
5 Abril 2019
DERROTA DEBIDA Á FALTA DE ACERTO DE CARA AO ARO

BBCA BALUARTE DE CANIDO 39 - 30 CB ARTEIXO DUACODE

11-3, 8-11, 13-8, 8-8

Empezamos ben na defensa e movemos ben o balón no ataque e dominamos o rebote, pero con moi pouco acerto de cara ao aro. Pero según vai pasando o tempo, empezan os despistes na defensa e permitimos que os locais anoten e se poñan con unha boa vantaxe no marcador ai final do cuarto.

No segundo cuarto, xa non estamos tan desafortunados no ataque (aínda que seguimos a fallar situacións moi claras) e na defensa controlamos un pouco máis o ataque rival e chegamos ao descanso con 3 puntos de desvantaxe.

O terceiro cuarto vai polo mesmo camiño. Seguimos "negados" cara ao aro rival. Na defensa permitimos varias situacións de canastra fácil despois de perdas de balón e os locais volven a coller unha vantaxe cómoda.

No último cuarto non baixamos os brazos e intentamos subir a intensidade na defensa, pero a falta de acerto no ataque lastranos durante todo o partido e non somos quen de recortar a distancia.

Xogaron: Anás, Víctor, Gonzalo, Andrés, Gabriel, Pedro e Ángel. Non puideron xogar por diferentes motivos Samuel, Ronny, Manuel, Iago, Miguel e Abel.


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.