Senior: CALVO ARTAI - CB Arteixo Duacode Sénior M 2ª Div · 10/01/2021 12:00 Pavillón Vila de Noia - Carballo || Senior: ESCLAVAS - CB Arteixo Duacode Sénior M 3ª Div · 09/01/2021 10:00 Polideportiva Riazor 2 - A Coruña

DERROTA CON BOS MOMENTOS DE XOGO

Cadete Masculino 2ª
21 Marzo 2019
DERROTA CON BOS MOMENTOS DE XOGO

KFC KULLE B 58 - 40 CB ARTEIXO DUACODE

14-10, 15-7, 13-5, 16-18

Arranca o partido con bo xogo por parte do noso equipo. Bo movemento con e sin balón e primeiras vantaxes para nos no marcador. Os locais aumentan o nivel defensivo e cada vez vainos costando máis anotar.

No segundo cuarto, o ataque segue espeso e empezamos a ter despistes defensivos que provocan que os locais vaian aumentando a diferencia no marcador.

O terceiro cuarto segue coa mesma tónica. Os locais máis intensos na defensa recuperando balóns e anotando doado. E a nos cada vez vainos costando máis manter o ritmo. A distancia chega a ser de máis de 20 puntos.

No último cuarto, os nosos xogadores non baixan os brazos e empezan a xogar sen medo. Anotamos con fluidez, aínda que na defensa seguimos a sufrir e tamén permitimos que os locais anoten.

Ao final perdemos claramente pero, durante varios momentos do partido, o xogo tanto na defensa como, sobre todo, no ataque foi bastante bo.

Xogaron Anás, Víctor, Manuel, Iago, Gonzalo, Andrés, Miguel, Gabriel, Abel e Ángel. Non puideron xogar por diferentes motivos Samuel, Ronny e Pedro.


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.