CB ARTEIXO DUACODE 41 - 71 MECO RAFONCA PORTAS E AUTOMATISMOS (06-17, 19-14, 08-23, 08-17).
O primeiro contratempo era xogar contra un dos mellores conxuntos da competición, pero non era o único, xa de inicio contaban os locáis con 4 baixas importantes. Pero si todo isto era pouco nada máis saltar a cancha Jesús nun choque cun contrario abría unha brecha na cabeza que o obrigaba a abandoar o xogo e recibir 3 puntos de sutura. pouco despois sería Antelo o que notaría un pinchazo nunha perna e no podería seguir na pista.
Ante este panorama os de Arteixo foron facendo o que puideron, que por momentos non foi pouco.
De feito no segundo cuarto o xogo foi moi bo, con rápido movemento de balón e unha defensa moi concentrada e intensa.
Tras o descanso, cos das Rías Baixas moi entonados os locáis foron capeando o temporal como poideron, e mesmo xogaron bos minutos pero varias triplas lanzadas sen oposición que non entraron foron mermando a confianza dos locáis.
O cuarto definitivo foi un paseo militar para os do Meco.
Toca repoñerse rápidamente e refacerse para a visita importantísima O Barco de Valdeorras para gañar un encontro que pode ser vital para as aspiracións dos arteixáns.
XOGARON E ANOTARON: VAL 2, VICTOR 2, ANTELO 2, CONCHADO 14, OCAMPOS 8, ESCARIZ 2, JESÚS 2, IAGO 5, NACHO 4 E DE LA RIVA.