|| Senior: CB Arteixo Duacode Sénior Masculino 3ª - Fucobet · 08/06/2019 18:00 Pazo dos Deportes - Arteixo

DEMASIADO FÍSICO PARA AS ARTEIXÁNS

Infantil Feminino 2ª
3 Abril 2019
DEMASIADO FÍSICO PARA AS ARTEIXÁNS

BAXI FERROL 61 - 28 CB ARTEIXO DUACODE (23-06, 08-11, 11-06, 19-05)

Non pudo ser. As arteixáns ían a cidade departamental con moita ilusión de seguir invictas no grupo das mellores pero atopáronse un conxunto ferrolán moi forte físicamente e que ademáis tivo moito acerto dende a liña de 3 puntos no inicio do encontro. Iso marcou moito o resto do partido xa que a ventaxa de 17 puntos acadada no primeiro cuarto era unha lousa moi pesada.

Sen embargo unha vez máis as nosas rapazas deron unha lección de como competir nunha pista de baloncesto e no segundo periodo puxeron o mono de traballo e deixaron as do Baxi en tan so 8 puntos para chegar o descanso coa sensación de que se podían achegar un pouco máis.

Tras o descanso, aínda que o encontro seguiu igualado, o acerto por parte das do CB Arteixo Duacode non foi moi alto e as diferenzas en vez de menguar aumentaron.

No cuarto definitivo as nosas xa estaban moi cansas e as ferroláns non baixaron o ritmo para rematar quedando cunha victoria cómoda.

Unha vez máis temos que felicitar as nosas que son un auténtico equipazo, cunha mentalidade competitiva envexable que fai que esta derrota non empañe o bo traballo de todo o ano.

Esta fin de semana toca outro encontro para seguir a aprendendo e disfrutando.

XOGARON POLAS ARTEIXÁNS: ANTÍA RODRÍGUEZ, ANTÍA LÓPEZ, CARLA, ANDREA, XOANA, LUCÍA, UXÍA, SOFÍA, ZELTIA, SABELA E MARTA.


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.