Senior: Peleteiro - CB Arteixo Duacode Senior M 2ª Div · 09/11/2019 20:00 Pavillón Montouto - Santiago || Senior: Dimolk Xiria Artai - CB Arteixo Duacode Sénior M 3ª Div · 10/11/2019 10:00 Pavillón Vila de Noia - Carballo || Junior: CB Arteixo Duacode Júnior F 2ª Div - Trebóns BC · 09/11/2019 16:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Cadete: Basquet Coruña U15 - CB Arteixo Duacode Cadete M 2ª Div · 09/11/2019 16:00 polideportiva Riazor 2 - A Coruña || Infantil: Compañía de María Azul - CB Arteixo Duacode Infantil F 2ª Div · 09/11/2019 16:00 Col. Compañía de María - A Coruña || Infantil: CB Arteixo Duacode Infantil M 2 2ª Div - CB Calasanz · 09/11/2019 19:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Alevín: Obradoiro Fem 1º ano - CB Arteixo Duacode Alevín F 2ª Div · 09/11/2019 11:00 Pazo dos Deportes Pista 3 - Arteixo || Benxamín: CB Arteixo Duacode Benxamín F 2ª Div - Montrove · 09/11/2019 12:30 Pazo dos Deportes Pista 2 - Arteixo

DEBUT CON VICTORIA DO SENIOR AUTONÓMICA

22 Outubro 2019
DEBUT CON VICTORIA DO SENIOR AUTONÓMICA

ADB FONTIÑAS 47 - 59 CB ARTEIXO DUACODE (10-16, 12-14, 14-15, 11-14)

Bo comezo para os senior na súa andaina na segunda división do baloncesto galego. Tocaba xogar fora da casa no inicio da liga na cancha dun recén ascendido o Fontiñas de Santiago.

O encontro foi igualado dende o inicio, aínda que sempre con lixeiras ventaxas para os arteixáns que apoiados nunha férrea defensa impedían que os santiagueses anotaran con facilidade. O ataque sen embargo o típico de inicio de campaña un pelín oxidado...

O descanso os 8 puntos a favor do CB Arteixo Duacode semellaban pouca renda para encarar a segunda parte con tranquilidade. En todo caso os visitantes saían moi concentrados para tratar de rachar o encontro, e en varios momentos estiveron preto de facelo con distancias que rondaron os 17 puntos, pero varios erros en canastras sinxelas acompañadas da mellora en ataque do Fontiñas fixo que as diferenzas voltaran os 8-10 puntos.

No cuarto definitivo, sen facer un gran baloncesto, os de Iván García controlaron o encontro para non pasar atrancos e sumar a primeira victoria no seu casilleiro.

Lóxicamente os arteixáns non están no seu tope de xogo pero si amosaron algunhas primeiras pingas do que pode ser a tempada, na que hai postas moitas ilusións.

 

XOGARON E ANOTARON: JESÚS 9, ANTELO 5, IAGO 2, CONCHADO 18, COCHÓN 15, OCAMPOS 5, ESCARIZ 5, SIMÓN, ROBER, JORGE, ANDRÉS E NACHO. 


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.