DE VOLTA AO CAMIÑO CORRECTO
BC CRISTO REY 0 - 50 CB ARTEIXO DUACODE
Domingo 13 de xaneiro de 2019, 11h, Agra II - A Coruña
CB Arteixo Duacode: Brais Queijas, Álex Rama, Aarón Romero, Álvaro Fernández, Carlos Senra -5 inicial- Adrián Santos, Hugo Núñez, Yago Prados, Óscar Mañana, Víctor de Oliveira, David Eirís (adestrador)
Parciais: 0-20, 0-30, 0-50 (acta cerrada no terceiro periodo)
Asistencia: Bo ambiente no sector da bancada correspondente
Despois doutro tropezo en Laracha tocaba levantarse. E novamente como cabe encarar estas situacións, os arteixáns saltaban á pista decididos a mellorar a imaxe do torneo do Nadal. Mostrando a implicación defensiva que os carateriza e tentando xogar con criterio na ofensiva, os nosos cativos distanciábanse xa dende o comezo ata cerrar acta no terceiro periodo (0-50 descanso).
Na segunda metade tocaba deixar o resultado á marxe para continuar traballando distintos aspectos do xogo en vistas a futuros encontros. E así, comprometidos coa causa, os arteixáns mantiñan a seriedade ata o pitido final. Tras esta victoria os nosos situánse segundos a falta da última xornada. Unha xornada na que están obrigados a gañar e esperar resultados para confirmar unha presenza sen dúbida merecida na seguinte fase.