CB ARTEIXO DUACODE 44 -BASQUET CORUÑA S 69 (10-15, 13-22, 14-16, 7-16)
Estaban os de Iván García mentalizados para tratar de acadar a primeria victoria da tempada pero o xogo non acompañou.
O encontro resúmese dunha maneira moi sinxela: desastroso ataque do equipo arteixán.
Si ben a defensa por momentos estivo francamente ben no ataque os locáis nunca atoparon o seu xogo. Movendo moi pouco o balón e moi imprecisos e precipitados. Dende o inicio víase que no ía a ser o día dos de Arteixo, que erraban en situación ben doadas.
Tras o descanso semellaba que a cousa cambiaría un chisco pero non foi así, e un novo arreón dos coruñeses facía que o último cuarto fora de trámite.
Toca seguir traballando para encontrar mellores opcións ofensivas e minimizar os erros defensivos.
Xogaron e anotaron: Victor 8, Adrián L. 5, Dylan 2, Dani A. 7, Hugo 8, Zas 7, Fran 2, Pablo 2, Javi 3, Nico, Jacobo e Diego.