Senior: Peleteiro - CB Arteixo Duacode Senior M 2ª Div · 11/01/2020 18:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Senior: CB Cambre - CB Arteixo Duacode Sénior M 3ª Div · 11/01/2020 20:00 Pavillón Sofía Toro - Cambre || Junior: Trebóns Basket Club - CB Arteixo Duacode Júnior F 2ª Div · 11/01/2020 12:00 Pavillón Bastiagueiro - Oleiros || Junior: CB Arteixo Duacode Júnior M 2ª Div - ACB Costa da Morte · 12/01/2020 12:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Infantil: Montrove - CB Arteixo Duacode Infantil F 2ª Div · 11/01/2020 10:00 Pavillón Canide - Mera || Infantil: CB Arteixo Duacode Infantil F 2ª Div - Basquet Coruña Leyma U14 · 12/01/2020 17:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Infantil: CB Arteixo Duacode Infantil M 2 2ª Div - Obradoiro Masc · 10/01/2020 19:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Infantil: CB Arteixo Duacode Infantil M 2 2ª Div - ACB Costa da Morte · 12/01/2020 10:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Infantil: BC Cristo Rey - CB Arteixo Duacode Infantil M 1 2ª Div · 11/01/2020 12:00 Pavillón Ventorrillo - A Coruña || Alevín: CB Arteixo Duacode Alevín F 2ª Div - Jesuitinas B · 11/01/2020 09:30 Pazo dos Deportes Pista 1 - Arteixo || Alevín: Compañía de María Azul - CB Arteixo Duacode Alevín M 2ª Div · 11/01/2020 12:30 Pazo dos Deportes Pista 1 - Arteixo || Benxamín: Basquet Coruña Leyma U10/9 - CB Arteixo Duacode Benxamín F 2ª Div · 11/01/2020 12:30 Pazo dos Deportes Pista 2 - Arteixo

[Crónica] CULLEREDO 54-CB ARTEIXO DUACODE 40

Cadete Feminino
31 Outubro 2017
[Crónica] CULLEREDO 54-CB ARTEIXO DUACODE 40

CULLEREDO 54-CB ARTEIXO DUACODE 40 (13-11, 13-6, 14-10, 14-13)
Moitos nervos e ilusións se xuntaron na mañá do domingo en Culleredo xa que as rapazas do CB Arteixo Duacode debutaban na competición, e nada menos que ata catro xogadoras xogaban o seu primeiro encontró nas súas vidas deportivas.
Comezaba o encontró moi igualado con una boa defensa por parte dos dous conxuntos, pero un mal peche de rebote defensivo por parte das arteixáns (un lastre en toda a primeira parte) permitía dúas e tres opción de anotar para as locáis en cada ataque.
No segundo cuarto o acerto das visitantes decreceu un chisco o que fixo que as de Culleredo tomaran una pequena ventaxe o descanso.
Tras o intermedio o encontro seguiu polos mesmos derroteiros con moita igualdade pero co conxunto local amenazando con romper definitivamente o partido, e así foi chegando incluso ata os 20 puntos de diferenza.
Entrando no derradeiro periodo parecía que todo estaba finalizado pero as rapazas do CB Arteixo Duacode non deixaron de loitar, e en un bo esforzó final chegaron a poñerse por baixo dos 10 puntos, por medio dunha boa defensa e con rápidos contraataques. Tamén foron quen de ir solucionando pouco a pouco o tema do rebote defensivo.
En calquer caso, todo esforzó non foi de abondo para poñer en perigo a victoria das de Culleredo.
Moi boa esperienza inicial para un conxunto de Arteixo con moito por mellorar pero que deixou boas sensacións.


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.