Senior: Santo Domingo Betanzos B - CB Arteixo Duacode Sénior Masculino 2ª · 20/01/2019 19:00 Pavillón Municipal - Betanzos || Senior: CB Arteixo Duacode Sénior Masculino 3ª - CB Laracha M3 · 18/01/2019 21:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Senior: CB Arteixo Duacode Sénior Masculino 3ª - Maristas Coruña · 20/01/2019 12:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Junior: CB Arteixo Duacode Júnior Masculino 2ª - Carballo a un Paso Artai EBX · 19/01/2019 18:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Cadete: CB Arteixo Duacode Cadete Feminino 2ª - Top Quality Cars Cambre · 20/01/2019 10:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Cadete: Santa María del Mar - CB Arteixo Duacode Cadete Masculino 2ª · 19/01/2019 10:00 Colexio Santa María del Mar - A Coruña || Infantil: BV Asesores Los Rosales - CB Arteixo Duacode Infantil Feminino 2ª · 19/01/2019 18:00 PavillónLos Rosales - A Coruña || Infantil: Maristas Champagnat - CB Arteixo Duacode Infantil Masculino 2ª · 20/01/2019 16:00 Colexio Maristas - A Coruña || Alevín: Jesuitinas - CB Arteixo Duacode Alevín Feminino · 19/01/2019 19:15 Pavillón Agra II Pista 2 - A Coruña || Alevín: CB Arteixo Duacode Alevín Masculino - Jesuitinas C · 19/01/2019 17:45 Pavillón Agra II Pista 1 - A Coruña

[Crónica] CB BECERREÁ 78-CB ARTEIXO DUACODE 71

Senior 2ª
31 Outubro 2017
[Crónica] CB BECERREÁ 78-CB ARTEIXO DUACODE 71

CB BECERREÁ 78-CB ARTEIXO DUACODE 71 (13-12, 26-8, 15-26, 24-25)
ANOTADORES: CONCHADO 12, ANTELO 7, OCAMPOS 16, RAMÓN 6, ROBER 5, LUÍS 4, JESÚS 16, NACHO 5, GABI E MIGUEL. Non asistiu o encontró Daniel Cochón por temas laborais.
Presentábase o conxunto arteixán en Becerreá con pleno de victorias e a moral polas nubes, pero non tardarían moito en darse conta de que o encontró non ía a ser sinxelo.
De inicio as defensas impoñíanse con moito os ataques, no caso do CB Arteixo Duacode especialmente preocupante era a falta de circulación de balón e que cada xogador quería facer a guerra pola súa conta, en calquer caso sendo consistentes atrás íase solucionando o problema ofensivo.
O inicio do segundo periodo foi similar o primeiro cuarto con lixeiras ventaxas para os locáis que nunca ían por riba dos 5 puntos. Foi a falta de 4 minutos para o descanso cando apareceu o desastre total. Tras un tempo morto solicitado polo adestrador visitante para correxir un pequeno detalle defensivo os xogadores visitantes non sairon a pista, ou eso semellaba, xa que deixaron de xogar a baloncesto, a defensa non existía, calquera que xogaba 1x1 do CB Becerreá terminaba con canasta sinxela. E o ataque, bueno, iso xa non tiña nome, perdas de balón incribles, tiros sen vir a conto, o que ven sendo un desastre total que levou a que ó descanso a diferenza estivera en 19 puntos.
Tras a charla do descanso todo cambiou, a base de presionar e tratar de xogar rápido e con un pouco de intensidade a diferenza no marcador comezou a baixar chegando a estar no comenzó do derradeiro periodo por baixo dos 10 puntos.
Nese intre os locáis deixaron de estar sorprendidos por os arteixáns e asentaron un pouco o seu xogo, ademáis dúas perdas de balón consecutivas dos do CB Arteixo prácticamente daban por finiquitado o encontró. En calquer caso os do CB Arteixo non dixaron de loitar ata o último minuto ainda sabendo que o encontro estaba case que imposible.
Toca levantarse desta dura derrota, e comenzar a traballar con máis intensidade, para demostra na seguinte xornada que só foi un pequeno accidente o que acontece una tarde do domingo en Becerreá.


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.