|| Senior: CB Arteixo Duacode Sénior Masculino 3ª - Fucobet · 08/06/2019 18:00 Pazo dos Deportes - Arteixo

[Crónica] CB ARTEIXO DUACODE 78-COMPAÑÍA DE MARÍA 72

Senior 2ª
26 Outubro 2017
[Crónica] CB ARTEIXO DUACODE 78-COMPAÑÍA DE MARÍA 72

CB ARTEIXO DUACODE 78-COMPAÑÍA DE MARÍA 72
(15-13, 14-20, 20-23, 29-16)
ANOTADORES: ROBER 4, CONCHADO 18, COCHÓN 22, ANTELO 3, OCAMPOS 10, NACHO 2, JESÚS 5, GABI 4, RAMÓN 2 E LUÍS 8. Non asistiu por temas laboráis MIGUEL
Terceira xornada de liga e terceira victoria para os do CB Arteixo Duacode nun comezo de tempada espectacular en canto a resustados, non tanto no xogo que está sendo un pouco irregular.
Comezaba o encontro con pouco acerto por parte dos dous conxuntos e as defensas moi concentradas chegando ó minuto 6 de xogo cun 7-7 no marcador, un pequeño arreón final de cuarto fixo que os arteixáns se levaran o cuarto por un pequeño marxe.
Sairon os santiagueses no segundo periodo con moitos folgos, defendendo forte e anotando con comodidade por contra os locáis seguían un chisco atascados no ataque e non eran quen de anotar con fluidez, deste xeito chegábase ó descanso con 4 puntos de ventaxa para os da capital de Galicia.
Tras o descanso, pensaban os locáis que voltarían a ter o seu mellor cuarto no terceiro, e si ben na anotación estivo ben (20 puntos anotados) na defensa foi un desastre, con despistes continuos nas costas, quedando pinchados en todos o bloqueos e os colexiais martilleando una e outra vez a canasta do CB Arteixo Duacode. Parecía que a primeira derrota estaba preto de consumarse, xa que as ventaxas chegaron a ir por riba dos 10 puntos acadandose una máxima de 13 e bola para o conxunto visitante. Un pequeno empurrón final de cuarto deixou as cousas en 7 puntos que daban esperanzas os de Arteixo.
O que se viviú no último cuarto no Pazo dos deportes de Arteixo foi espectacular. Os xogadores do CB Arteixo Duacode comezaron a defender con moita máis intensidade e esa intensidade trasladouse o ataque xenerando boas situacións tanto de xogo preto do aro coma en tiros abertos, deste xeito as canastas sucedíanse unha tras outra nun aluvión de xogo ofensivo acompañado de boa defensa.
Deste xeito os xogadores de Iván García acadan a terceira victoria en outras tantas xornadas para colocarse líderes da competición.
Hai que seguir a traballar, non está nada feito e a marxe de mellora e grande.
Noraboa polo gran comezo de campaña o Senior de segunda división!!


Compartir en:

Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.