CB Arteixo DUACODE 46-64 Montrove
8-17; 14-12; 8-21; 16-14
Mal empezo de partido con moitos erros e despistes na defensa que provocan canastras moi doadas. O ataque tampouco axuda, abusando do tiro de 3 puntos e con moi pouco acerto
No final do primeiro e o comezo do segundo mellora moito a intensidade e a concentración e o xogo iguálase un pouco, pero sempre con Montrove por diante no marcador
Á volta do descanso outra vez a falta de intensidade produce que os visitantes xoguen a pracer e acaden unha vantaxe insalvable ó final do cuarto
No último, mellora un pouco o xogo e a distancia mantense ata chegar ó final.