CB ARTEIXO DUACODE 34-SANTA MARÍA DEL MAR 11 (9-0, 12-4, 10-4,3-3)
Bo inicio de partido por parte das locáis que cunha defnsa moi ben axustada maniataban as colexiais e eran quen de sair rápido ó contraataque,pero por falta de acerto cara o aro deixaron de anotar algunhas canastas sinxelas.
No segundo periodo as cousas descorreron polos mesmos derroteiros, cun chisco máis de acerto cara o aro, movendo ven o balón e con boa intensidade defensiva.
Tras o descanso a intensidade do CB Arteixo baixou demasiado, transformando o encontro, en algo moito máis lento e aburrido, ainda así mantíñase algo o acerto cara o aro.
No último cuarto baixou aínda máis a intensidade das locáis que fixeron un final de encontro desastroso de maneira inexplicable, xa que o resultado non perigaba.
En resumo, sensacións moi contradictorias, xa que a ledicia de acadar a primeira victoria da tempada veu acompañada de malas sensacións no final do partido. Toca seguir traballando para ser máis constantes nos encontros e prolongar os bos momentos que temos de momento en pequenas dosis.