CB ARTEIXO DUACODE 32-BASQUET CORUÑA LEYMA U16 58
(7-9, 11-22, 6-14, 8-13)
As dificultades eran grandes para as xogadoras de Arteixo que non podían contar con dúas compañeiras quedando para a disputa do encontro tan só 6 dispoñibles, a iso había que engadir que se xogaba contra un bo equipo, e que ademáis non xogábamos no Pazo.
Pero nada de iso ía a parar as nosas xogadoras que fixeron un gran traballo o longo dos 40 minutos axudadas en moitos momentos dende a grada por una boa morea de familiares e amigos, sen esquecer a presenza do equipo alevín feminino do club en pleno.
O encontro comezou igualado nos primeiros compases, pero no comenzo do segundo cuarto as coruñesas estiveron atinadas no lanzamento lonxano (ata catro triplas anotaron) para ir poñendo lixeiras ventaxas no marcador.
Tras o descanso as forzas comezaron a ir a menos e as arteixáns trataron de complicar ás visitantes cunha zona, pero novamente as coruñesas estiveron atinadas no tiro de media e longa distancia e seguiron marchando no luminoso.
No periodo definitivo, xa cunha desventaxa ampla no marcador, as xogadoras do CB Arteixo Duacode seguiron pelexando (non sei de onde sacaron as forzas) para intentar acercarse no marcador pero non foi posible.
A pesar do resultado un dos mellores partidos da tempada con diferenza.
Queda a volta para seguir a demostrar que podemos competir con calquera.