Senior: Peleteiro - CB Arteixo Duacode Senior M 2ª Div · 29/02/2020 20:00 Pavillón Montouto - Santiago || Senior: ADFRO - CB Arteixo Duacode Sénior M 3ª Div · 29/02/2020 16:00 Pavillón Cocheras - A Coruña || Junior: CB Arteixo Duacode Júnior F 2ª Div - María T Martínez Dental CB Sarria · 01/03/2020 19:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Junior: CB Arteixo Duacode Júnior M 2ª Div - Liceo La Paz · 01/03/2020 12:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Cadete: KFC Culleredo Azul - CB Arteixo Duacode Cadete M 2ª Div · 29/02/2020 16:00 Pavillón O Burgo || Infantil: Maristas Champagnat - CB Arteixo Duacode Infantil F 2ª Div · 29/02/2020 10:00 Colexio Maristas - A Coruña || Infantil: CB Arteixo Duacode Infantil M 2 2ª Div - Santa María del Mar B · 01/03/2020 10:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Infantil: BV Asesores Los Rosales - CB Arteixo Duacode Infantil M 1 2ª Div · 29/02/2020 16:00 Pavillón Los Rosales - A Coruña || Alevín: CB Arteixo Duacode Alevín F 2ª Div - Obradoiro Feminino · 29/02/2020 09:30 Pazo dos Deportes Pista 3 - Arteixo || Alevín: Dominicos U11 - CB Arteixo Duacode Alevín M 2ª Div · 29/02/2020 12:30 Pazo dos Deportes Pista 3 - Arteixo || Benxamín: Liceo La Paz - CB Arteixo Duacode Benxamín F 2ª Div · 29/02/2020 12:30 Pazo dos Deportes Pista 3 - Arteixo

Coñecendo o Sufrimento

Alevín Masculino
2 Abril 2019
Coñecendo o Sufrimento
Coñecendo o Sufrimento

 

CB ARTEIXO DUACODE 54 - 49 CALASANZ

Sábado 30 de marzo de 2019, 9.30, Pazo dos Deportes - Arteixo

CB Arteixo Duacode: Álex Rama, Hugo Nuñez, Aarón Romero, Álvaro Fernández, Carlos Senra -5 inicial- Brais Queijas, Yago Prados, Martín Rodríguez, Óscar Mañana, Víctor de Oliveira, David Eirís (adestrador)

Parciais: 7-6, 20-9, 35-17 (descanso), 45-24, 51-33, 54-49 (final)

Asistencia: Bo ambiente na xornada de minibasket disputada no Pazo


Os primeiros minutos xa non facían presaxiar un bo encontro, descoidando a canastra a defender e sen decisión en ataque. Unha decisión que melloraría dende o segundo periodo, pero de xeito individualista. Sería a melloría en defensa a que permitiría dispoñer de ocasións máis claras e, pese a todo o anterior, os arteixáns despegábanse no marcador (35-17 descanso).

Aínda con marxe de mellora, na segunda metade os arteixáns irían a peor. Sen carácter para defender o rebote baixo o seu taboleiro e con demasiados descoidos o rival anotaba cada vez con máis facilidade, mentres que en ataque os nosos xogaban cada vez máis incómodos. Os locais aínda gozaban de renta no marcador pero a frustración apoderábase dos arteixáns. No derradeiro periodo chegaría o colapso. Un nefasto comezo reducía rápidamente a vantaxe gastándose o último tempo morto con moito por xogarse. De pouco serviría no momento de xestionar o balón, pero polo menos aumentaba a responsabilidade na defensa. Os arteixáns, incapaces de manter a concentracion e a calma, sufrían en cada aspecto do xogo e soamente eran capaces de anotar unha canastra ata o final do encontro, que afortunadamente chegaba antes de botar por terra unha vantaxe que chegou a superar os 20 puntos (54-49 final).


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.