|| Senior: CB Arteixo Duacode Sénior Masculino 3ª - Fucobet · 08/06/2019 18:00 Pazo dos Deportes - Arteixo

CON UN CUARTO NON CHEGA

Sénior Masculino 2ª
6 Febreiro 2019
CON UN CUARTO NON CHEGA

CB ARTEIXO DUACODE 61 -70 COMPAÑÍA DE MARÍA  (14-16, 06-13, 17-12, 24-29)

Saía o CB Arteixo a pista convencido de que era unha boa oportunidade de reengancharse os postos cabeceiros, pero o acerto era o de xornadas precedentes: escaso. A defensa non estaba ben axustada e a cousa non pintaba ben de todo, pero quedaba moito por xogar.

No segundo cuarto a cousa foi a peor, cos locáis enfrascados en protestar os colexiados en lugar de xogar o baloncesto, algo que definitivamente este conxunto non sabe facer... o resultado de toda esta desconcentración tan só 6 puntos neste periodo e o encontro costa arriba para a segunda parte.

Tras o descanso apareceron os mellores momentos para os locáis que por fin comezaron a defender como acostuman e no ataque o balón circulaba con fluidez para atopar as mellores opcións, tanto en tiros lonxanos coma en penetracións.

Deste xeito quedaba todo aberto para o cuarto definitivo, onde ocorreu o inexplicable. O xogo ofensivo continuou a ser moi bo, cun acerto atísimo, pero a defensa (que tantas alegrías nos deu esta tempada) desapareceu por completo permitindo os santiagueses anotar nada máis e nada menos que 29 puntos, co que as opcións de remontar foron nulas.

XOGARON E ANOTARON: IAGO 9, COCHÓN 14, CONCHADO 11, ANDRÉS 7, ROBER 2, JESÚS 10, OCAMPOS 8, ESCARIZ, VAL, NACHO E ANTELO (ASISTIU O ENCONTRO PERO SEGUE A ESTAR LESIONADO).


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.