|| Senior: CB Arteixo Duacode Sénior Masculino 3ª - Fucobet · 08/06/2019 18:00 Pazo dos Deportes - Arteixo

CON PASO FIRME

Alevín Masculino
30 Abril 2019
CON PASO FIRME
CON PASO FIRME

 

LICEO'08 34 - 85 CB ARTEIXO DUACODE

Sábado 27 de abril de 2019, 12.30, Pazo dos Deportes - Arteixo

CB Arteixo Duacode: Brais Queijas, Hugo Nuñez, Aarón Romero, Álvaro Fernández, Carlos Senra -5 inicial- Álex Rama, Yago Prados, Martín Rodríguez, Óscar Mañana, Víctor de Oliveira, David Eirís (adestrador)

Parciais: 12-16, 18-21, 24-40 (descanso), 33-60, 34-77, 34-85 (final)

Asistencia: Bo ambiente na xornada de minibasket disputada no Pazo


Nos primeiros minutos aos arteixáns costáballes arrincar, perdoando as boas ocasións. Pese a todo, sen moita claridade mostraban acerto dende o exterior e isto permitía anotar con certo ritmo. A falta de concentración castigaba en defensa, onde un solo xogador matiña o encontro igualado pola sua conta. Os nosos soamente serían quen de despegar no marcador grazas aos nervios do rival, que preto do descanso acusaría certo colapso na saída de balón (24-40 descanso).

Na segunda metade a diferenza disparábase pero de novo sen grandes méritos. Os nosos castigaban os erros do rival, que se cadra baixaban algo os brazos despois do bo esforzo da primeira metade. No resto das posesións as canastras chegaban case sempre por accións individuais e con pouca circulación de balón. Un xogo que ben é certo melloraría no tramo final do partido e permite aos arteixáns continuar con paso firme na competición (34-85 final).


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.