Senior: CB Arteixo Duacode Senior M 2ª Div - Santo Domingo Betanzos · 26/10/2019 18:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Senior: Oleiros - CB Arteixo Duacode Sénior M 3ª Div · 26/10/2019 19:00 Pavillón Canide - Mera || Junior: SAnto domingo Betanzos - CB Arteixo Duacode Júnior F 2ª Div · 26/10/2019 10:00 Pavillón Municipal - Betanzos || Junior: CB Arteixo Duacode Júnior M 2ª Div - Basquet Coruña U18 · 27/10/2019 12:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Cadete: CB Arteixo Duacode Cadete M 2ª Div - Basquet Coruña U16/15 · 27/10/2019 17:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Infantil: CB Arteixo Duacode Infantil F 2ª Div - Obradoiro Fem · 27/10/2019 10:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Infantil: Basquet Coruña U14 - CB Arteixo Duacode Infantil M 2 2ª Div · 26/10/2019 16:00 paviilón Ventorrillo - A Coruña || Infantil: CB Arteixo Duacode Infantil M 1 2ª Div - Compañía de María · 26/10/2019 20:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Alevín: CB Arteixo Duacode Alevín F 2ª Div - Jesuitinas B · 26/10/2019 09:30 Pol. Agra II Pista 1 - A Coruña || Alevín: Emilia Pardo Bazán CDR - CB Arteixo Duacode Alevín M 2ª Div · 26/10/2019 11:30 Pol. Agra II Pista 1 - A Coruña || Benxamín: Compañía de María Azul - CB Arteixo Duacode Benxamín F 2ª Div · 26/10/2019 12:30 Pol. Agra II Pista 2 - A Coruña

CON MENOS ATRANCOS DOS ESPERADOS

Sénior Masculino 2ª
11 Abril 2019
CON MENOS ATRANCOS DOS ESPERADOS

CB ARTEIXO DUACODE 78 - CB ALLARIZ 43 (16-11, 30-18, 19-06, 13-08)

Xogábanse moito os dous conxuntos na tarde do sábado no Pazo dos deportes, os arteixáns a primeira bala para acceder á fase de ascenso e os ourensás o derradeiro tren para Foz, e os locáis sairon moito mellor o encontro, cunha defensa moi intensa e maniatando continuamente o ataque visitante. No ataque calma para xogar boas situacións en poste baixo que provocaban bos cortes e tiros abertos.

No segundo cuarto a defensa baixou un chisco a intensidade, o que aproveitaron ben os de Allariz para anotar con máis asiduidade, pero o ataque do CB Arteixo Duacode foi sensacional, atopando sempre os xogadores liberados ante a alternancia de defensas dos visitantes. Os de Iván García anotarían neste periodo 30 puntos para deixar case que finiquitado o encontro, aínda que unha canastra sobre a bucina dos visitantes dáballes certas opcións.

Tras o descanso sabían os do CB Arteixo que o arranque sería determinante e ahí voltaron a estar inmensos na defensa mentres que o ataque seguía a estar ben engraxado. As diferenzas pouco a pouco fóronse disparando e o encontro foi morrendo...

O cuarto definitivo foi de trámite con dous conxuntos pensando xa máis en que acabara dunha vez que no xogo en si.

En definitiva, un gran logro para o CB Arteixo Duacode que tras 6 tempadas regresa a unha fase de ascenso a primeira nacional que terá lugar o fin de semana do 11 e 12 de maio case que con total seguridade na localidade mariñán de Foz. 

Enhorabóa os senior e agora a por máis!!

XOGARON E ANOTARON: CONCHADO 11, ESCARIZ 9, NACHO 13, ANDRÉS 7, ANTELO 6, OCAMPOS 2, IAGO 9, VAL 4, SIMÓN 2 E JESÚS 15.


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.