|| Senior: CB Arteixo Duacode Sénior Masculino 3ª - Fucobet · 08/06/2019 18:00 Pazo dos Deportes - Arteixo

CON MENOS ATRANCOS DOS ESPERADOS

Sénior Masculino 2ª
11 Abril 2019
CON MENOS ATRANCOS DOS ESPERADOS

CB ARTEIXO DUACODE 78 - CB ALLARIZ 43 (16-11, 30-18, 19-06, 13-08)

Xogábanse moito os dous conxuntos na tarde do sábado no Pazo dos deportes, os arteixáns a primeira bala para acceder á fase de ascenso e os ourensás o derradeiro tren para Foz, e os locáis sairon moito mellor o encontro, cunha defensa moi intensa e maniatando continuamente o ataque visitante. No ataque calma para xogar boas situacións en poste baixo que provocaban bos cortes e tiros abertos.

No segundo cuarto a defensa baixou un chisco a intensidade, o que aproveitaron ben os de Allariz para anotar con máis asiduidade, pero o ataque do CB Arteixo Duacode foi sensacional, atopando sempre os xogadores liberados ante a alternancia de defensas dos visitantes. Os de Iván García anotarían neste periodo 30 puntos para deixar case que finiquitado o encontro, aínda que unha canastra sobre a bucina dos visitantes dáballes certas opcións.

Tras o descanso sabían os do CB Arteixo que o arranque sería determinante e ahí voltaron a estar inmensos na defensa mentres que o ataque seguía a estar ben engraxado. As diferenzas pouco a pouco fóronse disparando e o encontro foi morrendo...

O cuarto definitivo foi de trámite con dous conxuntos pensando xa máis en que acabara dunha vez que no xogo en si.

En definitiva, un gran logro para o CB Arteixo Duacode que tras 6 tempadas regresa a unha fase de ascenso a primeira nacional que terá lugar o fin de semana do 11 e 12 de maio case que con total seguridade na localidade mariñán de Foz. 

Enhorabóa os senior e agora a por máis!!

XOGARON E ANOTARON: CONCHADO 11, ESCARIZ 9, NACHO 13, ANDRÉS 7, ANTELO 6, OCAMPOS 2, IAGO 9, VAL 4, SIMÓN 2 E JESÚS 15.


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.