|| Senior: CB Arteixo Duacode Sénior Masculino 3ª - Fucobet · 08/06/2019 18:00 Pazo dos Deportes - Arteixo

CON GAÑAS DE COMPLICACIÓNS

Sénior Masculino 2ª
27 Marzo 2019
CON GAÑAS DE COMPLICACIÓNS

CB ARTEIXO DUACODE 71 - 62 PELETEIRO FRUTAS BARREIRO (23-13, 09-11, 18-17, 21-21)

Nada facía presaxiar tras o inicio do encontro que as cousas íanse a poñer tan complicadas...

Coma estabamos a dicir, o inicio foi sensacional, como debe xogar este conxunto, defendendo con dureza, correndo por momentos o contraataque e no 5x5 mezclando o xogo, con boas situacións preto do aro e tamén movendo por fora o balón para xenerar bos tiros abertos.

Pero este xogo tan so durou un cuarto, no segundo o conxunto local estaba máis pendiente de facer cada un a guerra pola súa conta e en protestar os árbitros que en xogar o baloncesto, e o xogo resentiuse, anotando tan só neste periodo 9 puntos. O tema arbitral a verdade que merece un capítulo a parte xa que por momentos a verdade é que non parecía nin baloncesto, se non máis ben algunha arte marcial, deste xeito un dos nosos mellores xogadores Dani Cochón rematou o encontro cunha fisura nunha costela. Aproveitamos hoxe (despois de gañar o encontro) para dicir que non nos gusta nada o rumbo que está collendo o noso deporte, onde estase a deixar de primar a calidade individual dos xogadores en prol do físico. Tamén queremos destacar que neste encontro en concreto NON NOS QUEIXAMOS PORQUE PENSEMOS QUE NOS PERXUDICARON MÁIS QUE A O RIVAL, máis ben o contrario. Pero unha cousa non quita a outra, na nosa humilde opinión consideramos que hai certas cousas que dentro dunha pista de baloncesto non deben estar permitidas, e que orumbo de persimibilidade arbitral non é o axeitado.

Voltando o xogo, que é o que está na nosa man, destacar que na segunda parte os ataques a pesar de todo impuxéronse os ataques, máis por acerto dende a liña de 3 puntos que por accións preto do aro, onde era prácticamente imposible anotar. Os arteixáns tiveron diferenzas preto dos 20 puntos que desperdiciaron, xa que os colexiais chegaron a igualar o marcador.

Nun final moi igualado os locáis impuxeron a súa veteranía para levar unha victoria moi importante que os pon en boa disposición para acabar entre os 5 primeiros.

XOGARON E ANOTARON: COCHÓN 10, CONCHADO 20, JESÚS 16, IAGO 5, NACHO 4, OCAMPOS 10, ANDRÉS 6, SIMÓN, ANTELO E ROBER.


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.