Terceiro xogo da segunda fase para os Benxamíns do CB Arteixo Duacode, que esta vez enfrontouse a un vello coñecido da primeira fase , o equipo de Los Rosales-EPB. O encontro terminou coa primeira derrota dos Arteixáns nesta segunda fase.
O primeiro sexto comezou cun intercambio de cestas sinxelas para os dous equipos onde o equipo dos Rosales, logrou ampliar a súa vantaxe pouco a pouco. Nos seguintes periodos, os nosos nenos mostraron a súa mellor versión tanto en defensa como en ataque, chegando a empatar dous dos tres sextos. Non obstante, no quinto sexto, un gran parcial en contra fixo que os Arteixáns xa non tiveran opcións de competir o encontro. No último cuarto, volveu o bo xogo dos nosos, volvendo a empatar este sexto .
Felicitar aos benxamíns polo bo partido. Estamos no camiño correcto pero debemos seguir traballando duro.
Para rematar, felicitar ao equipo dos Rosales-EPB pola vitoria e agradecemos a deportividad e humildad mostrada.
Tras este partido, o CB Arteixo continúa segundo na clasificación
CB Arteixo Duacode 15-66 Los Rosales-EPB