(18-5, 19-15, 9-12, 10-4)
Encontro aprazado na fin de semana que tivo que xogarseen mércores no Colexio de Compañía de María.
O partido quedou marcado por un inicio das visitantes que semellaban non ter ganas de xogar, cero agresividade en ataque, tirando sin xeito dende calquer posición, ninguénintentando xogar 1x1; e na defensa, bueno a defensa non era mala o que pasa é que as colexiais tiraban 4 e 5 veces en cada ataque ante a pasividade no rebote das arteixáns.
No segundo cuarto as visitantes comezaron a xogar como de verdade saben, movendo o balón e tratando de xogarben no 1x1, pero os problemas no rebote seguían presentes.
Tras o parón do descanso chegaron os mellores momentos das de Iván García aínda que o acerto non foi moi alto. Nadefensa a intensidade foi moi alta, tratando de apretar liñasde pase e intentando sair o contraataque, controlouse por fin o rebote defensivo e por momentos pareceu que aíndapodíase acadar a remontada.
Pero no cuarto final voltou a faltar acerto e as locaisaproveitaron algún erro para levar finalmente una cómoda victoria marcada por un inicio desastroso e 2 cuartos e medio de moi bo nivel.