Senior: Peleteiro - CB Arteixo Duacode Senior M 2ª Div · 29/02/2020 20:00 Pavillón Montouto - Santiago || Senior: ADFRO - CB Arteixo Duacode Sénior M 3ª Div · 29/02/2020 16:00 Pavillón Cocheras - A Coruña || Junior: CB Arteixo Duacode Júnior F 2ª Div - María T Martínez Dental CB Sarria · 01/03/2020 19:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Junior: CB Arteixo Duacode Júnior M 2ª Div - Liceo La Paz · 01/03/2020 12:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Cadete: KFC Culleredo Azul - CB Arteixo Duacode Cadete M 2ª Div · 29/02/2020 16:00 Pavillón O Burgo || Infantil: Maristas Champagnat - CB Arteixo Duacode Infantil F 2ª Div · 29/02/2020 10:00 Colexio Maristas - A Coruña || Infantil: CB Arteixo Duacode Infantil M 2 2ª Div - Santa María del Mar B · 01/03/2020 10:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Infantil: BV Asesores Los Rosales - CB Arteixo Duacode Infantil M 1 2ª Div · 29/02/2020 16:00 Pavillón Los Rosales - A Coruña || Alevín: CB Arteixo Duacode Alevín F 2ª Div - Obradoiro Feminino · 29/02/2020 09:30 Pazo dos Deportes Pista 3 - Arteixo || Alevín: Dominicos U11 - CB Arteixo Duacode Alevín M 2ª Div · 29/02/2020 12:30 Pazo dos Deportes Pista 3 - Arteixo || Benxamín: Liceo La Paz - CB Arteixo Duacode Benxamín F 2ª Div · 29/02/2020 12:30 Pazo dos Deportes Pista 3 - Arteixo

COLLENDO RITMO

Infantil Masculino 2ª
12 Febreiro 2019
COLLENDO RITMO

 

CB ARTEIXO DUACODE 29 - 46 DENTAL NOA BASKET XIRIA

Sábado 9 de febreiro de 2019, 20.00h, Pazo dos Deportes - Arteixo

CB Arteixo Duacode: Iker García, Miguel Lorenzo, Juan Sánchez, Mateo García, Hugo Lombao - 5 inicial - Mario De Oliveira, Diego Bonifacio, Lucas Vidal, Raúl Vázquez, Aharón Pin, Anxo Novás, David Eirís (adestrador)

Parciais: 6-18, 16-30 (descanso), 18-38, 29-46 (final)

Asistencia: Aproximadamente uns 30 espectadores


Os prolegómenos quedaban marcados pola ausencia do corpo arbitral. Solventada a incidencia, o encontro comezaba con certo atraso pero os arteixáns saltaban a pista con máis decisión da habitual. Sen embargo, a lentitude no balance defensivo castigaba rápidamente ao conxunto local (6-18 min 10).

No segundo periodo as cousas non melloraban e os visitantes despegábanse, sen ter ademáis moita fortuna nalgunhas finalizacions. Pero desta volta os nosos non estaban dispostos a renunciar. Así, no tramo final do periodo mostrábanse máis activos co conxunto rival, obtendo resultados e gañando confianza (16-30 descanso).

Tra-lo descanso os arteixáns voltaban á pista sen ideas e mostrábanse incapaces de anotar. Pero con máis confianza mostraban unha maior implicación defensiva, se ben o balance continuaba a dar problemas, e especialmente non perder a concentración tra-las paradas de reloxo (18-38 min 30).

No derradeiro periodo mantíñase a mesma tendencia ata que o experimento do "small ball" saía ben. Os nosos retomaban o fluxo anotador, e se ben abusando do 1x1 os arteixáns cerraban o encontro cun parcial favorable (29-46 final).


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.