BALONCESTO CAMBRE 42-49 CB ARTEIXO DUACODE
9-12, 11-16, 14-9, 8-12
Primeira semifinal da Copa Primavera Consolación que nos enfrontaba a Baloncesto Cambre
Empezamos concentrados, atacando a canastra rival con determinación e acadamos as primeiras vantaxes (aínda que curtas) pero xa se vai vendo que non temos o día no tiro exterior. Os de Cambre aséntanse na pista e o xogo e o marcador iguálanse.
Os locais alternan defensas intentando confundir o ataque pero duas triplas no segundo cuarto dannos ao descanso unha boa distancia de 8 puntos.
No terceiro cuarto baixamos o ritmo no ataque, xa non se ataca ben a defensa zonal proposta e o tiro exterior non funciona. Á vez, na efensa, non somos quen de parar as situacións de 1x1 interior. O resultado é que o marcador aprétase quedando en só 3 puntos ao final do cuarto.
No último período corríxese a defensa e empezamos cunha tripla. Vólvese a axustar o marcador e, nos últimos minutos o ataque, grazas a boas penetracións que producen situacións doadas debaixo do aro rival, controla a diferencia para acabar levándonos o partido e clasificándonos para a final que se celebrará pola tarde na mesma pista.