CB ARTEIXO DUACODE 67 - MUEBLES VICTORIA O BARCO 32 (17-10, 16-14, 18-02, 16-06)
Xa ía sendo hora!! pensaron moitos o rematar o encontro, e a verdade é que si, a tan ansiada victoria por parte do senior de segunda resistiuse máis da conta...
A victoria cimentouse nunha segunda parte moi seria na defensa (impresionante a do terceiro cuarto!!) na que os ourensás tan so poideron anotar 8 puntos.
Na primeira parte do encontro, houbo máis igualdade, ainda que xa se ía vendo que a tendencia era favorable os do CB Arteixo Duacode cun xogo ofensivo con moitos pases para atopar o xogador liberado.
Tamén foi determinante o acerto dende máis alá do 6,75 con 12 triplas anotadas ante a defensa zonal proposta polo adestrador do Barco.
Na vindeira fin de semán toca visitar a un dos líderes da competición o Pbb "B" de Porriño que ven de perder o seu encontro na cancha de outro dos galos da competición o Allariz, no que será un encontro moi complicado, pero ó que o conxunto arteixán viaxa coa ilusión de dar a sorpresa nunha liga que está moi igualada.
Xogaron e anotaron: Jesús 22, Conchado 19, Ocampos 9, Antelo 10, Rober 3, Val 2, Nacho P. 2, Escariz, Iago, Simón e Nacho A.