Senior: CB Arteixo Duacode Sénior Masculino 2ª - Meco-Rafonca Portas e Automatismos · 16/02/2019 18:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Junior: CB Arteixo Duacode Júnior Masculino 2ª - Maristas Coruña · 17/02/2019 17:00 Pavillón Ponte dos Bozos - Arteixo || Cadete: CB Arteixo Duacode Cadete Feminino 2ª - KFC Kulle · 16/02/2019 20:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Cadete: Top Quality Cars Cambre 03 - CB Arteixo Duacode Cadete Masculino 2ª · 16/02/2019 16:00 Pavillón Sofía Toro - Cambre || Infantil: Compañía de María B - CB Arteixo Duacode Infantil Feminino 2ª · 17/02/2019 12:00 Colexio Compañía de María - A Coruña || Infantil: Calasancias A - CB Arteixo Duacode Infantil Masculino 2ª · 17/02/2019 12:00 Colexio Calasancias - A Coruña || Alevín: CB Arteixo Duacode Alevín Feminino - Compañía de María B · 16/02/2019 11:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Alevín: Jesuitinas C - CB Arteixo Duacode Alevín Masculino · 16/02/2019 09:30 Pazo dos Deportes - Arteixo

CHEGOU A PRIMEIRA VICTORIA

Cadete Masculino 2ª
25 Novembro 2018
CHEGOU A PRIMEIRA VICTORIA

CB ARTEIXO DUACODE 58 - 42 BV ASESORES LOS ROSALES

12-8, 19-13, 15-10, 12-11

Chegou a primeira victoria do equipo en un partido no que os xogadores estiveron concentrados case que todo o tempo.

Empezamos ben, moi activos, con movemento dos xogadores sen balón e indo rápido de cara ao aro, provocando faltas e anotando ben. Na defensa algúns despistes á hora de defender os cortes rápidos dos xogadores visitantes, pero o partido parece que vai indo como queremos.

No segundo cuarto seguimos indo con forza cara ao aro e anotamos con facilidade. Na defensa seguimos a ter os mesmos problemas que no primeiro cuarto, pero o bo traballo no ataque lévanos a ter 10 puntos de vantaxe ao descanso.

No terceiro cuarto non nos deixamos sorprender e seguimos intensos. Xa non permitimos os cortes hacia ao aro e seguimos a movernos ben cara a canastra visitante. A diferencia aumenta segundo vai pasando o tempo e cada vez xogamos con máis confianza.

No último cuarto baixa un pouco a intensidade e a concentración e o xogo iguálase, pero a victoria non corre perigo.

Xogaron Samuel, Víctor, Manu, Gonzalo, Andrés, Miguel, Pedro,, Abel e Ángel. Non puido xogar Iago por estar lesionado.


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.