BASQUET CORUÑA LEYMA U11 28-CB ARTEIXO DUACODE 41
O encontro foi raro, moi raro diría eu, con dous equipos que de cada vez dubidaban de a quen lle tocaba sacar. Ás veces alguna falta por non estar nin na xogada e outras veces loita libre canaria e nada.
En fin ó final todos acabamos un pouco tristes por todo o que estaba a pasar no que tiña que ser una mañán máis de ledicia para unas rapazas que o único que teñen que facer é pásalo ben xogando o baloncesto.
En calquer caso sempre hai que ver a cara positiva das cousas e a aprendizaxe dun día complicado na pista quizá lles sirva nun futuro cando se atopen en situación complicadas tanto dentro coma fora do campo de xogo.
De baloncesto pouco que falar, moita pelexa e alguna boa acción por parte dos dous conxuntos, e tamén moita igualdade ó longo dos 6 periodos.