Senior: Peleteiro - CB Arteixo Duacode Senior M 2ª Div · 29/02/2020 20:00 Pavillón Montouto - Santiago || Senior: ADFRO - CB Arteixo Duacode Sénior M 3ª Div · 29/02/2020 16:00 Pavillón Cocheras - A Coruña || Junior: CB Arteixo Duacode Júnior F 2ª Div - María T Martínez Dental CB Sarria · 01/03/2020 19:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Junior: CB Arteixo Duacode Júnior M 2ª Div - Liceo La Paz · 01/03/2020 12:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Cadete: KFC Culleredo Azul - CB Arteixo Duacode Cadete M 2ª Div · 29/02/2020 16:00 Pavillón O Burgo || Infantil: Maristas Champagnat - CB Arteixo Duacode Infantil F 2ª Div · 29/02/2020 10:00 Colexio Maristas - A Coruña || Infantil: CB Arteixo Duacode Infantil M 2 2ª Div - Santa María del Mar B · 01/03/2020 10:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Infantil: BV Asesores Los Rosales - CB Arteixo Duacode Infantil M 1 2ª Div · 29/02/2020 16:00 Pavillón Los Rosales - A Coruña || Alevín: CB Arteixo Duacode Alevín F 2ª Div - Obradoiro Feminino · 29/02/2020 09:30 Pazo dos Deportes Pista 3 - Arteixo || Alevín: Dominicos U11 - CB Arteixo Duacode Alevín M 2ª Div · 29/02/2020 12:30 Pazo dos Deportes Pista 3 - Arteixo || Benxamín: Liceo La Paz - CB Arteixo Duacode Benxamín F 2ª Div · 29/02/2020 12:30 Pazo dos Deportes Pista 3 - Arteixo

CAMPIÓN INVICTO

Alevín Masculino
28 Maio 2019
CAMPIÓN INVICTO
CAMPIÓN INVICTO CAMPIÓN INVICTO

 

CB ARTEIXO DUACODE 51 - 44 BÁSQUET CORUÑA U12/11

Venres 24 de maio de 2019, 19.15, Ventorrillo - A Coruña

CB Arteixo Duacode: Brais queijas, Hugo Nuñez, Aarón Romero, Álvaro Fernández, Carlos Senra -5 inicial- Álex Rama, Yago Prados, Martín Rodríguez, Óscar Mañana, Víctor de Oliveira, David Eirís (adestrador)

Parciais: 11-6, 19-8, 23-16 (descanso), 34-27, 42-35, 51-44 (final)

Asistencia: Extraordinario ambiente no pavillón de Ventorrillo para despedir o campionato ligueiro


Custou, pero así sabe mellor. Nun emocionante encontro, os minis do CB Arteixo Duacode cumpriron co seu obxectivo de proclamarse campións de liga de xeito invicto. Quedaba o último banzo e, se cadra, o máis complicado: o seu inmediato perseguidor na táboa buscaba pechar o campionato cunha victoria de prestixio.

Neste contexto comezaba unha bonita loita entre os grandes da competición. Os arteixáns comezaban sen concesións e rápidamente acadaban unha vantaxe ao redor de dous díxitos. Unha diferenza na que se movería o choque a maioría do tempo. Sen embargo, o encontro acelerábase cada vez máis e levaba aos nosos a cometer cada vez máis erros. En cambio, os coruñeses pese a ter problemas para anotar amosábanse máis cómodos nesa situación e coas dimensións da pista (23-16 descanso).

Na segunda metade os arteixáns seguirían mostrándose incapaces de acougarse. Aínda así, a diferenza acadada nos primeiros minutos mantíñase ata que no quinto periodo un arreón dos nosos parecía que pechaba o partido. Pero o conxunto rival xa demostrara que non é dos que baixa os brazos e dúas triplas nos instantes finais deixaban todo aberto.

Así, os arteixáns comezaban o derradeiro periodo notando esa presión coa que non están afeitos. Volvían os nervios e aumentaban os erros. O rival apretaba cada vez máis e destapaba as carencias dos nosos, que as veces esquecémonos pero continúan a ser minis. Outras dúas triplas dos coruñeses e cos nosos incapaces de anotar chegábase aos intres finais con todo igualadísimo. Entón sí, tralo derradeiro tempo morto os arteixáns tirarían do seu corazón de campión para mostrar a súa versión máis sólida e facerse coa victoria. Á espera de novos desafíos, quedará para o recordo este peche de campionato nunha pista para a ocasión e ante unha bancada entregada (51-44 final).


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.