Senior: CALVO ARTAI - CB Arteixo Duacode Sénior M 2ª Div · 10/01/2021 12:00 Pavillón Vila de Noia - Carballo || Senior: ESCLAVAS - CB Arteixo Duacode Sénior M 3ª Div · 09/01/2021 10:00 Polideportiva Riazor 2 - A Coruña

CADA VEZ MELLORES SENSACIÓNS

Senior M 2ª Div
4 Novembro 2019
CADA VEZ MELLORES SENSACIÓNS
CADA VEZ MELLORES SENSACIÓNS CADA VEZ MELLORES SENSACIÓNS

CB ARTEIXO DUACODE 86 - 66 CALVO ARTAI (19-12, 23-18, 24-19, 20-17)

Bó comezo no apartado defensivo para os do CB Arteixo que maniataba os carballeses en case que todos os seus ataques. No plano ofensivo xogaban con calma e tratando de mover o balón con criterio. Deste xeito conseguíanse as primeiras ventaxas no marcador.

No segundo cuarto as defensas comezaron a relaxarse e os ataques dos dous conxuntos comezaron a  sentirse moi cómodos e a anotar con facilidade. Iso sí, sempre con ventaxa favorable os locáis que marcharon o descanso  12 puntos por diante.

Tras o descanso apareceron os mellores momentos dos locáis que xogaron un gran baloncesto, tanto no ataque coma na defensa para desarbolar por completo os de Carballo. As diferenzas foron marchando ata preto dos 20 puntos. Sen embargo os colexiais non ían a renderse con facilidade, e nun bo final de cuarto, con moita intensidade defensiva e bos ataques puxeron as diferenzas en 10 puntos. No final do cuarto as cousas voltaron a normalidade e os 17 puntos de a prol dos arteixáns semellaban definitivos.

O último cuarto foi igualado, cos de Artai facendo pequenos achegamentos que de seguido eran sofocados polos do CB Arteixo Duacode. Deste xeito se chegaba a un final tranquilo no electrónico que se viu empañado por unha serie de altercados fora do baloncestístico que non empañaron unha nova victoria dos arteixáns.

XOGARON E ANOTARON: COCHÓN 15, ESCARIZ 5, CONCHADO 23, ROBER 6, IAGO 8, OCAMPOS 14, JORGE 4, NACHO 2, JESÚS 9, ANTELO E SIMÓN. Causou baixa por motivos persoais Andrés. 

 


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.