Senior: CALVO ARTAI - CB Arteixo Duacode Sénior M 2ª Div · 10/01/2021 12:00 Pavillón Vila de Noia - Carballo || Senior: ESCLAVAS - CB Arteixo Duacode Sénior M 3ª Div · 09/01/2021 10:00 Polideportiva Riazor 2 - A Coruña

BOTA O DÍA EN ARTEIXO

1 Outubro 2019
BOTA O DÍA EN ARTEIXO
BOTA O DÍA EN ARTEIXO BOTA O DÍA EN ARTEIXO BOTA O DÍA EN ARTEIXO BOTA O DÍA EN ARTEIXO

Éxito rotundo, así podemos calificar a primeira edición de Bota o día en Arteixo.

Polas 3 localizacións establecidas nas rúas da vila pasaron case que 150 persoas por cada unha. Quizá a zona máis concurrida fora a Praza das Viñas, onde estaba establecida a ruleta que repartía os premios. Tamén foron moitos os que fixeron o circuito de habilidades na Avenida do Balneario. E na rúa Uxío Novoneyra, si ben tamén pasaron moitos participantes, foi máis en contapingas.

A verdade e que foi un gustazo ver tanto baloncesto polas rúas, participando tanto pequenos coma grandes. Algún pai e algunha nai dos nosos dalle bastante xeito...

Moitas grazas a todos por participar, e moitas grazas o CCA por confiar en nos para facer esta actividade, agardamos que esta colaboración non faga máis que comezar.

Tamén agradecer o Basquet Coruña por deixar asistir a 3 xogadores do seu primeiro plantel (qué ben o pasaron os rapaces con eles na Praza das Viñas) e a Rocío Varela, xogadora do Durán Maquinaria Ensino que traballou moitísimo toda a mañán nunha das ubicacións. 


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.