TOP QUALITY CARS CAMBRE 72-69 CB ARTEIXO DUACODE
24-19, 8-19, 15-19, 25-12
Chegábamos ao partido con só 6 xogadores pola baixa por lesión de Enzo. E o equipo saiu preparado para suplir a súa baixa e dedicarlle a victoria para darlle ánimos.
Así empezamos concentrados e activos no ataque. Buscamos situacións de 1x1 das que sacamos partido provocando faltas e canastras cerca do aro. Na defensa traballamos ben, pero os despistes no rebote pasan factura e os locais chegan ao final do cuarto con 5 puntos de vantaxe.
No segundo cuarto, un cambio defensivo fainos dominar o xogo e poñernos por diante no marcador. Os locais non atacan con comodidade e a nosa confianza vai medrando segundo avanza o tempo. Seguimos anotando en boas situacións de 1x1 e a defensa non deixa aos cambreses anotar.
No terceiro cuarto segue o dominio no xogo. Atacamos e anotamos con fluidez e mantemos a distancia no marcador. Incluso chegamos a 14 puntos. Pero segundo se vai acercando o final do cuarto os locais vanse adaptando á nosa defensa e van rebaixando a distancia no marcador. Aínda así, volvemos a gañar o cuarto e encaramos o último periodo 10 puntos arriba.
No último cuarto o equipo acusa o esforzo do partido e aparece o acerto dos xogadores de Cambre. Xa non xogamos cómodos e a falta de acerto e as malas decisións van aparecendo. A defensa xa non é tan efectiva como nos anteriores cuartos e os locais son quen de remontar no último minuto e a nos xa non nos quedan forzas para poder volver a poñernos por diante. Aínda así tivemos unha última opción a falta de 4 segundos pero non chegamos a tirar.
En fin, bon partido no que os xogadores deron un paso adiante para intentar suplir a importante baixa de Enzo e, a pesares da derrota, foron quen de competir durante todo o tempo.
Xogaron: Iago, Zeus, Gonzalo, Raúl, Simón e Samuel. Enzo non puido xogar pola antes citada lesión.