Senior: CB Arteixo Duacode Sénior Masculino 2ª - Illa de Arousa · 15/12/2018 18:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Senior: Top Quality Cars Cambre C - CB Arteixo Duacode Sénior Masculino 3ª · 18/12/2018 21:15 Polideportivo O Temple - Cambre || Junior: CB Arteixo Duacode Júnior Masculino 2ª - BV Asesores Los Rosales · 16/12/2018 12:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Cadete: CB Arteixo Duacode Cadete Feminino 2ª - Maristas Champagnat · 15/12/2018 20:30 Pazo dos Deportes - Arteixo || Cadete: Asesoria Sueiro Basket Xiria Artai - CB Arteixo Duacode Cadete Masculino 2ª · 15/12/2018 10:00 Pavillón Vila de Noia - Carballo || Infantil: Nordata Basket Xiria - CB Arteixo Duacode Infantil Feminino 2ª · 15/12/2018 10:00 Pavillón Bergantiños - Carballo || Infantil: CB Arteixo Duacode Infantil Masculino 2ª - Calasancias A · 16/12/2018 17:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Alevín: CB Arteixo Duacode Alevín Feminino - Santa María del Mar Blanco · 15/12/2018 16:15 Pavillón Agra II Pista 1 - A Coruña || Alevín: CB Arteixo Duacode Alevín Masculino - Colegio Internacional Eirís · 15/12/2018 17:45 Pavillón Agra II Pista 2 - A Coruña || Benxamín: CB Arteixo Duacode Benxamín Mixto - Basquet Coruña U9 · 16/12/2018 19:15 Pavillón Sagrada Familia Pista 3 - A Coruña

BON PARTIDO A PESARES DA DERROTA

Júnior Masculino 2ª
22 Novembro 2018
BON PARTIDO A PESARES DA DERROTA

TOP QUALITY CARS CAMBRE 72-69 CB ARTEIXO DUACODE

24-19, 8-19, 15-19, 25-12

Chegábamos ao partido con só 6 xogadores pola baixa por lesión de Enzo. E o equipo saiu preparado para suplir a súa baixa e dedicarlle a victoria para darlle ánimos.

Así empezamos concentrados e activos no ataque. Buscamos situacións de 1x1 das que sacamos partido provocando faltas e canastras cerca do aro. Na defensa traballamos ben, pero os despistes no rebote pasan factura e os locais chegan ao final do cuarto con 5 puntos de vantaxe.

No segundo cuarto, un cambio defensivo fainos dominar o xogo e poñernos por diante no marcador. Os locais non atacan con comodidade e a nosa confianza vai medrando segundo avanza o tempo. Seguimos anotando en boas situacións de 1x1 e a defensa non deixa aos cambreses anotar.

No terceiro cuarto segue o dominio no xogo. Atacamos e anotamos con fluidez e mantemos a distancia no marcador. Incluso chegamos a 14 puntos. Pero segundo se vai acercando o final do cuarto os locais vanse adaptando á nosa defensa e van rebaixando a distancia no marcador. Aínda así, volvemos a gañar o cuarto e encaramos o último periodo 10 puntos arriba.

No último cuarto o equipo acusa o esforzo do partido e aparece o acerto dos xogadores de Cambre. Xa non xogamos cómodos e a falta de acerto e as malas decisións van aparecendo. A defensa xa non é tan efectiva como nos anteriores cuartos e os locais son quen de remontar no último minuto e a nos xa non nos quedan forzas para poder volver a poñernos por diante. Aínda así tivemos unha última opción a falta de 4 segundos pero non chegamos a tirar.

En fin, bon partido no que os xogadores deron un paso adiante para intentar suplir a importante baixa de Enzo e, a pesares da derrota, foron quen de competir durante todo o tempo.

Xogaron: Iago, Zeus, Gonzalo, Raúl, Simón e Samuel. Enzo non puido xogar pola antes citada lesión.


Compartir en:

Anterior Seguinte

Últimas noticias

12 Decembro 2018
Cadete Feminino 2ª
5 Decembro 2018
Sénior Masculino 2ª
4 Decembro 2018
Infantil Feminino 2ª
4 Decembro 2018
Sénior Masculino 3ª
4 Decembro 2018
Alevín
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.