Senior: Peleteiro - CB Arteixo Duacode Senior M 2ª Div · 29/02/2020 20:00 Pavillón Montouto - Santiago || Senior: ADFRO - CB Arteixo Duacode Sénior M 3ª Div · 29/02/2020 16:00 Pavillón Cocheras - A Coruña || Junior: CB Arteixo Duacode Júnior F 2ª Div - María T Martínez Dental CB Sarria · 01/03/2020 19:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Junior: CB Arteixo Duacode Júnior M 2ª Div - Liceo La Paz · 01/03/2020 12:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Cadete: KFC Culleredo Azul - CB Arteixo Duacode Cadete M 2ª Div · 29/02/2020 16:00 Pavillón O Burgo || Infantil: Maristas Champagnat - CB Arteixo Duacode Infantil F 2ª Div · 29/02/2020 10:00 Colexio Maristas - A Coruña || Infantil: CB Arteixo Duacode Infantil M 2 2ª Div - Santa María del Mar B · 01/03/2020 10:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Infantil: BV Asesores Los Rosales - CB Arteixo Duacode Infantil M 1 2ª Div · 29/02/2020 16:00 Pavillón Los Rosales - A Coruña || Alevín: CB Arteixo Duacode Alevín F 2ª Div - Obradoiro Feminino · 29/02/2020 09:30 Pazo dos Deportes Pista 3 - Arteixo || Alevín: Dominicos U11 - CB Arteixo Duacode Alevín M 2ª Div · 29/02/2020 12:30 Pazo dos Deportes Pista 3 - Arteixo || Benxamín: Liceo La Paz - CB Arteixo Duacode Benxamín F 2ª Div · 29/02/2020 12:30 Pazo dos Deportes Pista 3 - Arteixo

BOAS SENSACIÓNS ANTES DA COPA

Cadete Feminino 2ª
17 Abril 2019
BOAS SENSACIÓNS ANTES DA COPA

CB ARTEIXO DUACODE 42 - TIRSO DE MOLINA 20 (02-07, 11-02, 14-03, 15-08)

Inicio desastroso no ataque unha vez máis das arteixáns, non no xogo pero si no acerto de cara o aro. Iso sí, unha vez máis unha boa defensa mantiña as nosas no encontro nun primeiro cuarto que terminarían con tan só unha canastra anotada.

No segundo cuarto as cousas comezaron a cambiar e o acerto de cara o aro xa era un pouquiño maior (algo que non era difícil) mentres que a defensa aínda daría un pasiño a diante para deixar neste caso as ferroláns en tan só 2 puntos e acadar as primeiras ventaxes no marcador.

Tras o descaso as locáis xa non baixarían o pe do acelerador e cunha anotación máis acorde o seu nivel comezaron a marchar no marcador xa que a o acerto no ataque seguíase a sumar unha defensa sensacional (quízá das mellores do ano) que voltaba a deixar as visitantes en 3 puntos.

Comezaba o cuarto definitivo o conxunto de Arteixo cunha boa renda no luminoso, e o obxectivo era claro: non relaxarse ata o bucinazo final. E vaia se o conseguiron as nosas rapazas! conseguiron o cuarto con máis anotación do encontro e a defnsa, aínda que encaixou 8 puntos, continuou a ser de moi bo nivel para pechar un partido case que redondo.

Xogaron polo CB Arteixo Duacode: Lola, Miriam, Inés, Susana, Laura, Antía rodríguez, Xoana, Carla e Andrea.

Remate dunha liga que comezaba alá polo mes de outubro e que xeneraba moitas dúbidas de como iría a tempada, con tan só 5 xogadoras en idade cadete e coas infatís dobrando xornada tras xornada. Pero a verdade é que pronto desapareceron esas dúbidas, cunhas xogadoras cadetes dando pasiños a diante e comprometidas o máximo coa causa. Doutra banda as infantís, que amosaron un compromiso moi por enriba do esperado e do que se pedía, asistindo a case que tódolos encontros 4 xogadoras: Antía Rodríguez, Carla Naya, Andrea Suárez e Xoana Mato. Tamén é de destacar a presenza de Uxía Souto, Sabela Calvete, Sofía Varela, Antía López, Marta Pombo, Lucía Area e Zeltia Otero nun bo puñado de encontros.

En canto a resultados a cousa estivo bastante ben cunha primeira fase con 7 victorias e 7 derrotas (unha mágoa non gañar ningún dos encontros contra os primeiros clasificados) e unha segunda fase con tan só unha derrota e varias victorias de mérito para rematar quedando nuha estupenda segunda praza do grupo 2.

Agora queda adestrar ben nos vindeiros días para chegar a copa nas mellores condicións para competir a tope e pasar o maior número de roldas posibles.


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.