|| Senior: CB Arteixo Duacode Sénior Masculino 3ª - Fucobet · 08/06/2019 18:00 Pazo dos Deportes - Arteixo

BOA VICTORIA PARA EMPEZAR A COPA PRIMAVERA

Júnior Masculino 2ª
1 Maio 2019
BOA VICTORIA PARA EMPEZAR A COPA PRIMAVERA

TOP QUALITY CARS CAMBRE 56 - 59 CB ARTEIXO DUACODE

10-11, 22-22, 10-7, 14-19

Empezamos moi ben, controlando o tempo do partido e con boa actitude na defensa. Non anotamos con facilidade porque a defensa local tamén fai o seu traballo, pero imos por diante no marcador sen que as diferencias sexan grandes.

No segundo cuarto collemos unha boa vantaxe de 8 puntos, pero, incomprensiblemente, baixamos o nivel e permitimos que os de Cambre se metan no partido rápidamente con un parcial de 9-0 debido a que empezan a dominar o rebote e empezamos a perder balóns tontamente.

No teceiro cuarto as defensas son superiores aos ataques. O dominio do rebote e total por parte dos de Edda e iso provoca que nos desgastemos moito na defensa. O marcador móvese moi pouco a pouco e o partido vai cun resultado moi igualado.

No último cuarto todo segue moi igualado no marcador. Ningún equipo e quén de coller unha vantaxe cómoda. E así chegamos igualados a 56 que se resolve cunha tripla desde media pista sobre a bocina que nos da a victoria nun partido moi disputado e nos concede unha lixeira vantaxe de cara ao partido de volta da eliminatoria que, no caso de pasala, nos colocaría nas semifinais da Copa Primavera.

Xogaron Iago, Zeus, Gonzalo, Raúl, Simón, Enzo e Samuel.


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.