TIRSO DE MOLINA 33 - 49 CB ARTEIXO DUACODE (10-10, 14-13, 03-14, 06-12)
Unha vez máis tocaba madrugar para o conxunto cadete que nesta ocasión tiña que realizar un dos desprazamentos máis lonxanos da tempada: a Ferrol.
O encontro saliu moi igualado na súa primeira metade con dous conxuntos xogando de forma similar tratando de cargar o xogo no poste baixo. O ritmo de xogo era baixo, o que non beneficiaba en absoluto as arteixáns.
Tras o descanso as visitantes axustaron un par de detalles na defensa e comezaron a facer un xogo máis alegre que lles permitiu facer algún que outro contraataque e comezar a distanciarse no marcador.
No último cuarto as sensacións foron moi semellantes e finalmente a victoria terminou sendo cómoda para as do CB Arteixo Duacode que suman os primeiros puntos no seu casilleiro nesta segunda fase.
Xogaron por parte arteixán: Miriam, Inés, Laura, Susana, Andrea, Carla e Antía Rodríguez.