CB ARTEIXO DUACODE 73-52 BASQUET CORUÑA U16/15
18-15, 15-9, 22-14, 18-14
O partido presentábase complicado debido ás ausencias e a que viñamos de unha dolorosa derrota a semana pasada.
O primeiro cuarto é de tanteo. As defensas non son moi duras e o marcador é alto. Vanse vendo cousas no ataque pero, a frouxa defensa, non permite acadar unha boa distancia no marcador.
No segundo cuarto a defensa xa vai sendo un pouco mellor e o ataque segue a buscar situacións doadas que se resolven bastante ben para empezar a marcar xa as primeiras diferencias.
Na segunda parte, a defensa mellora e a consecuencia é que o ataque faise moito máis fluido con contínuas canastras en contraataque e, cando non é o contraataque, o xogo posicional acada boas situacións cerca do aro. A vantaxe segue a aumentar ata os 21 puntos finais.
Moi bon partido tanto en defensa como no ataque. Pero, sobre todo, na intensidade amosada durante todo o partido.
Xogaron Víctor, Manu, Gael, Gonzalo, Andrés, Gabriel, Pedro, Hugo e Abel. Non puideron xogar Teo e Ángel.