Senior: Compañía de María - CB Arteixo Duacode Sénior Masculino 2ª · 11/05/2019 17:00 Pavillón Marzán - Foz || Senior: CB Arteixo Duacode Sénior Masculino 3ª - Basquet Coruña S · 15/05/2019 21:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Junior: CB Arteixo Duacode Júnior Masculino 2ª - Liceo La Paz · 10/05/2019 20:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Cadete: BV Asesores Los Rosales B - CB Arteixo Duacode Cadete Feminino 2ª · 11/05/2019 12:00 Pavillón Cocheras - A Coruña || Infantil: CB Arteixo Duacode Infantil Feminino 2ª - Compañía de María B · 11/05/2019 10:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Infantil: CB Arteixo Duacode Infantil Masculino 2ª - Top Quality Cars Cambre · 11/05/2019 18:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Infantil: CB As Pontes - CB Arteixo Duacode Infantil Masculino 2ª · 12/05/2019 17:00 Pavillón Municipal As Pontes || Alevín: CB Montespiño B - CB Arteixo Duacode Alevín Feminino · 11/05/2019 12:30 Pavillón Agra II Pista 1 - A Coruña || Alevín: Peñarredonda - CB Arteixo Duacode Alevín Masculino · 11/05/2019 09:30 Pavillón Agra II Pista 1 - A Coruña || Benxamín: CB Arteixo Duacode Benxamín Mixto - KFC Culle Mixto · 11/05/2019 11:00 Pavillón Agra II Pista 1 - A Coruña

BO PARTIDO PARA REMATAR A TEMPADA

Cadete Feminino
18 Maio 2018
BO PARTIDO PARA REMATAR A TEMPADA

BASQUET CORUÑA LEYMA U16 69-CB ARTEIXO DUACODE 39

(16-13, 21-7, 16-12, 16-7)

Prácticamente imposible estaba a remontada nesteencontro de volta da copa primavera, pero aínda así e todo o partido saliú interesante.

Comezaban os dous conxuntos con moita igualdade tanto no xogo coma no marcador, pero as de Arteixo non aproveitaban ben todas as situacións de ventaxa que xeneraban.

No segundo cuarto as da Coruña incrementaron o ritmo e comezaron a ter moito acerto de cara o aro rival, as de Arteixo non lle andaban á zaga pero os erros preto da canasta comezaron a ser moitos o que foi desanimando un chisco ás visitantes, que tamén perderon varios balóns na saida da presión que dispararon o marcador.

Tras o descanso voltou a igualarse o encontro, con moiboas accións por parte das visitantes que trataban de mover o balón con criterio para anotar en tiros abertos.

No cuarto definitivo, con todo xa resolto, as xogadoras do CB Arteixo Duacode seguiron apretando na defensa e no ataque mesmo houbo boas situacións de xogo dende o bloqueo directo, pero as coruñesas non baixaron o pistón e levaron una victoria cómoda que as sitúa na seguinterolda.

Así poñemos fin dende o cadete feminino do CB ArteixoDuacode a una tempada sensacional. Aqueles que sómiren os resultados poden pensar que estamos tolos por calificar así a tempada, pero a evolución do equipo foiimpresionante. Comezabamos a tempada con 4 xogadorasque nunca participaran en competición oficial de baloncesto (dúas delas infantís de primeiro ano) e o obxectivo era mellorar adestramento a adestramento, evaia se se mellorou!!

As rapazas que continuaban a súa formación no club, e que tiñan que “tirar do carro” estiveron impresionante, asumindo protagonismo que non tiñan costume a asumir.

Por todo esto (e algunas cousas máis) tan só queda felicitar a todas as xogadoras, unhas auténticas campeonas: Lucía, Antía, Zeltia, Susana, Miriam, Inés, Lola e Laura. Orgullosos estamos de vos!!

Unha última mención os afeccionados (país e nais sobre todo, aínda que tamén hai que destacar as rapazas do alevín feminino e as súas familias) que demostraron que os resultados NON SON TAN IMPORTANTES, GRAZAS polo voso comportamento e os ánimos.

O ANO QUE VEN MÁIS!!


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.