CB ARTEIXO DUACODE 57 - 31 TOP QUALITY CARS CAMBRE B
20-5, 9-1, 11-6, 17-14
Arrancamos o partido con un xogo rápido e agresivo, roubamos unha chea de balóns e anotamos con moita fluidez. Esta vez case que non hai despistes e o marcador vai aumentando rápidamente.
No segundo cuarto o ataque frea a sua producción debido a que fallamos incontables situacións doadas, pero a defensa e os erros dos visitantes fan que a diferenza vaia en aumento chegando a 23 puntos ao descanso.
Na segunda parte seguimos a dominar o xogo, pero xa non volvemos a anotar coa mesma fluidez que no primeiro cuarto (seguimos fallando moito de cara ao aro contrario). Ainda así a defensa segue a permitir poucos puntos e a distancia vai en aumento.
Xogaron Anás, Ronny, Víctor, Manu, Iago, Gonzalo, Andrés, Miguel, Gabriel, Abel e Ángel. Non puideron xogar Samuel e Pedro.