O equipo infantil de primeiro ano xogou esta fin de semana o primeiro partido da tempada fronte ao equipo de Compañía de María. O noso equipo tivo as baixas de Yago e Martín por lesións, e de Hugo e Álvaro por motivos persoais.
Tras o salto inicial, o equipo visitante deixou claras as súas intencións de ir polo partido dende o primeiro momento e os nosos, novos para a competición, acusaron os nervios do primeiro partido.
Despois dos nervios iniciais, os arteixáns puideron facer o que traballaron durante os adestramentos e comezar a xogar a baloncesto, pero xa era tarde para ir ao partido xa que a diferenza era substancial. A pesar diso , non baixaron os brazos en ningún momento e seguiron intentando xogar en todo momento.
Cómpre salientar a actuación de Víctor de Oliveira, que foi o máis destacado dos nosos pola simple razón de botarlle ganas ao partido.
A pesar do resultado, houbo visións de como pode xogar este equipo e é neles que temos que apoiarnos para seguir crecendo. É só o primeiro xogo.
CB Arteixo Duacode 22-74 Compañía de María