CALASANCIAS 36 - 27 CB ARTEIXO DUACODE
Domingo 17 de febreiro de 2019, 12.00h, Colexio Calasancias - A Coruña
CB Arteixo Duacode: Iker García, Miguel Lorenzo, Juan Sánchez, Mateo García, Hugo Lombao - 5 inicial - Mario De Oliveira, Diego Bonifacio, Lucas Vidal, Aharón Pin, Anxo Novás, David Eirís (adestrador)
Parciais: 6-8, 12-14 (descanso), 30-24, 36-27 (final)
Asistencia: Aproximadamente uns 30 espectadores
Os arteixáns van a máis e saltaban a pista decididos a gañar o partido. Desta volta sí, concentrados na execución do plan de partido, os nosos incomodaban ao rival dende o comezo. Acadando recuperacións ou forzando erros, os arteixáns dispoñían de moitas ocasións. Sen embargo, non eran capaces de converter as finalizacións preto do aro, perdendo a oportunidade de chegar ó descanso con certo marxe (12-14 descanso).
Na segunda metade a defensa comezaría a floxear e os locais chegaban á canastra arteixán con bastante máis facilidade, tomando a dianteira rápidamente. E cando non estaban acertados de primeiras, continuaban a castigar no rebote. O encontro tomaba un novo rumbo máis anotador pero aínda así chegábase con opcións ó derradeiro periodo. No último cuarto os arteixáns acusarían o cansanzo, se cabe máis mental ca físico e os nosos botaban o resto con máis corazón que cabeza. Ante a imposibilidade de anotar a victoria esfumábase, pero obrigando ao conxunto rival a suar ata o final para impoñerse no encontro (36-27 final).
Agora, cos "cocos" encadrados nun grupo na súa loita particular, é de agardar que o bombo sexa máis benevolente cos arteixáns na elaboración dos grupos da seguinte fase.