CB ARTEIXO DUACODE 45 - 18 BAZARRA COSTA DA MORTE (10-03, 16-04, 03-06, 16-05)
Unha vez máis a defensa foi a chave da victoria para as locáis xa que o ataque andivo con moitos altibaixos o longo do encontro.
O culmen do desacerto chegou no terceiro cuarto, co encontro ben encamiñado con 19 puntos de ventaxa as do CB Arteixo Duacode tan só foron quen de anotar 3 puntos, pero como sinalábamos antes a defensa conseguiu que a desfeita non fora maior e que as da Costa da Morte non se achegaran moito no marcador.
No cuarto definitivo as arteixáns subiron a intensidade defensiva un puntiño máis, e agora si comezaron a amosar o xogo alegre que nos teñen acostumados, con rápidos contraataques anotaban con asiduidade no aro visitante, para alcanzar os 16 tantos neste cuarto, algo moito máis acorde o potencial das nosas xogadoras.
Deste xeito remataba con boas sensacións un encontro con moitos atrancos ofensivos que fai que o infantil feminino siga evolucionando o seu xogo de cara a unha segunda fase que se presentará durísima.
Pero antes queda por disputar dous encontros que non serán nada sinxelos contra dous conxuntos que xa puxeron moitos atrancos na primeira volta, o primeiro o Comàñía de María.