Senior: CB Arteixo Duacode Sénior Masculino 2ª - Meco-Rafonca Portas e Automatismos · 16/02/2019 18:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Junior: CB Arteixo Duacode Júnior Masculino 2ª - Maristas Coruña · 17/02/2019 17:00 Pavillón Ponte dos Bozos - Arteixo || Cadete: CB Arteixo Duacode Cadete Feminino 2ª - KFC Kulle · 16/02/2019 20:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Cadete: Top Quality Cars Cambre 03 - CB Arteixo Duacode Cadete Masculino 2ª · 16/02/2019 16:00 Pavillón Sofía Toro - Cambre || Infantil: Compañía de María B - CB Arteixo Duacode Infantil Feminino 2ª · 17/02/2019 12:00 Colexio Compañía de María - A Coruña || Infantil: Calasancias A - CB Arteixo Duacode Infantil Masculino 2ª · 17/02/2019 12:00 Colexio Calasancias - A Coruña || Alevín: CB Arteixo Duacode Alevín Feminino - Compañía de María B · 16/02/2019 11:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Alevín: Jesuitinas C - CB Arteixo Duacode Alevín Masculino · 16/02/2019 09:30 Pazo dos Deportes - Arteixo

BEN EN ATAQUE, MAL NA DEFENSA

Cadete Masculino 2ª
24 Xaneiro 2019
BEN EN ATAQUE, MAL NA DEFENSA

SANTA MARÍA DEL MAR 91 - 60 CB ARTEIXO DUACODE

31-16, 24-22, 15-18, 21-4

O partido estivo marcado pola mala defensa do equipo. Xa no primeiro cuarto encaixamos 31 puntos, case cada ataque local acaba en canastra (moitas delas moi doadas) e, aínda que no ataque non estamos mal, non podemos competir recibindo tal cantidade de puntos.

No segundo cuarto as defensas seguen sen existir, esta vez por parte dos dous equipos. No ataque movemos ben o balón e anotamos moi fluidamente, pero intercambiar canastras non é suficiente para reducir a vantaxe.

No terceiro cuarto, seguimos ben no ataque e melloramos un tanto atrás, pero a distancia no marcador segue a ser importante.

No último cuarto voltan os problemas defensivos e, por encima, o ataque párase por completo. Unicamente anotamos 4 puntos e a distancia dispárase acabando nos 31 puntos finais.

Xogaron: Víctor, Manu, Gonzalo, Pedro, Abel e Ángel. Non puideron estar Samuel, Iago e Miguel.


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.